CRÓNICA | Seis goles para o sexto triunfo seguido (6-2)

CRÓNICA | Seis goles para o sexto triunfo seguido (6-2)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Outra vitoria na OK Liga. Aínda máis mérito, e non era pouco. Esta vez, o Deportivo Liceo venceu ó Igualada no Pazo dos Deportes para sumar a importante cifra de 47 puntos sobre 54 posibles. Todos eles a base de traballo puro.

Non foi, irónicamente, un inicio demasiado intenso ou con ocasións claras. A igualdade campou ata que os verdiblancos impuxeron a súa calidade, traducida xa en oportunidades. Di Benedetto tívoa no minuto 11 cun man a man desviado, pero seis despois o capitán Dava Torres (que xunto a Juan Copa recibiu o premio a mellor do mes de xaneiro) batiu a Deitg para colocar o 1-0.

A ofensiva non parou. Jordi Adroher, tras unha azul a Àlex Cantero, errou a posibilidade de 2-0 e o que chegou foi o empate visitante. Fíxoo Bernat Yeste nunha contra. Pouco duraría o susto, xa que Àlex Rodríguez recuperou a vantaxe de penalti e a falta de 22 segundos para o descanso.

Regreso de Maxi Oruste

O segundo acto comezou de forma inmellorable tralo 3-1 de Dava Torres. Precedeu á volta de Maxi Oruste ás pistas, despois de ser finalmente o arxentino da partida de Juan Copa. O mencionado Cantero puxo o medo cun 3-2 vistoso, aínda que Àlex Rodríguez respondeu ó minuto co 4-1.

A partir dese momento apareceu un Deportivo Liceo máis cómodo e bo xestor da vantaxe. Ampliouna a 6-2 grazas a Di Benedetto e Adroher para finiquitar a vitoria. Un gran impulso moral antes da complicada visita a Reus da vindeira semana (sábado 19, 19:00h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher (quinteto inicial), Marc Grau, Jordi Burgaya, Maxi Oruste, Nanu Castro e Martín Garaboa.

IGUALADA: Elagi Deitg; Marc Palau, Marc Carol, Gerard Riba, Aleix Marimon (quinteto inicial), Ton Baliu, Bernat Yeste, Tety Vives, Àlex Cantero e Guillem Torrents.

ÁRBITROS: Álvaro de la Hera Jáudenes e David Cantos Bonales. Mostraron cartón azul ó visitante Àlex Cantero.

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 17). 1-1 (Bernat Yeste, min. 24). 2-1 (Àlex Rodríguez, de penalti, min. 25). 3-1 (Dava Torres, min. 26). 3-2 (Àlex Cantero, min. 37). 4-2 (Àlex Rodríguez, min. 38). 5-2 (Jordi Adroher, min. 40). 6-2 (Roberto Di Benedetto, min. 42).

Xornada 18 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario