CRÓNICA | Primeiro tanto (6-3)

CRÓNICA | Primeiro tanto (6-3)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Primeiro partido e primeiro golpe. O Deportivo Liceo de Juan Copa levou o choque inicial dos cuartos do playoff tras vencer a un correoso Alcoi que non baixou os brazos en ningún momento. Comezo inmellorable no que pretende ser un duro camiño hacia o título da OK Liga. A loita será innegociable.

Para este 1-0 global, importante nunha eliminatoria ó mellor de tres, o conxunto verdibranco sobrepúxose á baixa de Roberto Di Benedetto. Cociñou o partido desde o principio, achegouse paulatinamente á meta rival e perforouna en dous minutos letais.

O 13 deixou o gol de Àlex Rodríguez e o 14 o de Dava Torres (penalti), para delicia de Riazor. Marcador favorable nunha metade inaugural que foi ó lado coruñés.

Jordi Adroher anotou dous dos seis tantos liceístas. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Efectividade ante un bo rival

A parte final comezou co 3-0, obra de Maxi Oruste despois dunha maniobra de matador. Non aseguraba nada. O Alcoi mostrou a súa resiliencia pouco despois cando Gonzalo Pérez, oportunista tralo rexeite dun disparo lonxano, marcou o 3-1.

Non amedrentou a un Liceo calmado e fiel ó seu guion en todo momento. Errou un penalti, aínda que no 37 transformou por dúas veces. Fixérono Jordi Adroher e Marc Grau para golpear duramente ó rival, que a pesar de todo continuou loitando.

O Alcoi loitou ata o final e foi capaz de anotar tres goles na segunda parte

Pérez marcou o 5-2 nunha xogada similar ó 3-1 e o partido controlouse ata o minuto 47, cando anotaron Adroher e Iván Morales para finiquitar o 6-3.

O sábado 21, con horario por confirmar, terá lugar o segundo partido destes cuartos de final. Será no Francisco Laporta de Alcoi e, en caso de triunfo, o Deportivo Liceo sería semifinalista. En caso contrario habería un terceiro encontro no Pazo.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Jordi Burgaya, Marc Grau, Nanu Castro e Martín Garaboa (meta suplente).

ALCOI: Marc Grau; Ferran Formatjé, Pere Cañellas, Gonzalo Pérez, Felipe Matías (quinteto inicial), Agustín Domínguez, Iván Morales, Nicolás Seguí e Marc Castañer (meta suplente).

ÁRBITROS: Raúl Burgos Manotas e Jordi Reverter García. Mostraron cartón azul ó visitante Iván Morales.

GOLES: 1-0 (Àlex Rodríguez, min. 13). 2-0 (Dava Torres, de penalti, min. 14). 3-0 (Maxi Oruste, min. 27). 3-1 (Gonzalo Pérez, min. 29). 4-1 (Jordi Adroher, min. 37). 5-1 (Marc Grau, min. 37). 5-2 (Gonzalo Pérez, min. 41). 6-2 (Jordi Adroher, min. 47). 6-3 (Iván Morales, min. 48).

OK Liga 21/22, Playoff polo título, Cuartos de Final, Partido 1. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario