PREVIA OK LIGA FEM (X25) | Penúltima proba

PREVIA OK LIGA FEM (X25) | Penúltima proba

Os finais de tempada sempre son máis tranquilos cos deberes listos. É o caso do Deportivo Liceo, sexto na OK Liga Feminina faga o que faga nos dous partidos que restan. O primeiro deles levará ó conxunto dirixido por Stanis García ó Complexo Deportivo Les Comes de Igualada (sábado 21, 20:00h).

A vitoria verdibranca da pasada fin de semana, lograda ante o colista Girona, certificou a boa posición liceísta no seu curso de regreso á máxima competición nacional. Conta actualmente con 41 puntos a falta de seis por xogarse. Non é posible nin alcanzar ó quinto (Cerdanyola, 50 unidades) nin ser alcanzadas polo sétimo (o propio Igualada, 33).

O Deportivo Liceo pechará a OK Liga recibindo ó Vila-sana en Riazor

Unha vez superado este partido, o Deportivo Liceo rematará o curso como local ante un poderoso rival: o Vila-sana, líder da competición que todavía loitará por lograr ese posto. Tamén visitará o Pazo dos Deportes co obxectivo de vengar o golpe recibido na Copa da Raíña por culpa do propio equipo coruñés.

Contra unha antiga perseguidora

O contendente desta penúltima xornada será o Igualada, perseguidor liceísta pola sexta praza ata fai sete días. Recibirá ás xogadoras de Stanis despois de gañar por 1-3 a Las Rozas, unha vitoria que finalizou unha mala quenda de resultados (catro derrotas seguidas).

A favor do conxunto catalán xogará o precedente da primeira volta, celebrado en Riazor o pasado mes de xaneiro. Levou o triunfo por 3-4 despois de remontar con autoridade un 3-1 en contra.

Lista de convocadas

Para este penúltimo partido, Stanis García contará cun total de oito xogadoras: Viki Caretta y Mencía Mosquera como porteras, Adriana Soto, Alba Garrote, Bea Gaete, Cris Diz, Lucía Yáñez e María Sanjurjo.

Deixa un comentario