CRÓNICA OK LIGA FEM | Nova mostra de loita (1-3)

CRÓNICA OK LIGA FEM | Nova mostra de loita (1-3)

Nada que perseguir e todavía moito que ofrecer. A loita característica do Deportivo Liceo viviu un novo capítulo en Les Comes, onde o conxunto de Stanis García venceu ó Igualada cando o partido parecía condenado ó empate. Son xa 44 puntos sumados tras unha gran segunda volta.

María Sanjurjo foi a encargada de inaugurar o marcador ós tres minutos para as sextas da OK Liga Feminina. Un golpe importante para as sétimas, posteriormente anuladas por un bo traballo defensivo. Pouco ocorreu no resto do primeiro acto, cun Liceo que xestionou cómodamente a súa vantaxe.

25 minutos finais de emocións fortes

O segundo ofreceu máis emoción, sobre todo nos compases finais. O Igualada avanzou liñas, xerou máis perigo e foi capaz de empatar o encontro a falta de catro minutos para a conclusión. Fíxoo Rocío Ramón ó rematar unha bóla a escasos centímetros de Viki Caretta.

Lonxe de baixar os brazos e a pesar de non ter obxectivo, as xogadoras de Stanis García reaccionaron e atoparon un penalti. Alba Garrote errou e o medo chegou cando Pati Miret, a local máis perigosa, lanzou unha directa. Viki, en honor ó seu gran curso, detívoa sen nervios.

Bea Gaete anotou o 1-2 a falta de menos dun minuto para o final

No último minuto, Bea Gaete atopou o ansiado tanto da vitoria para celebrar o seu recente regreso ás pistas. María Sanjurjo protagonizou o 1-3 co Igualada atacando con cinco mulleres de pista.

A OK Liga rematará para o Liceo coa visita a Riazor do Vila-sana (sábado 28, 20:00h).

FICHA TÉCNICA

IGUALADA: Cristina Riba; Pati Miret, Aida Mas, Carolina Herrera, Helena de Sivatte (quinteto inicial), Arian Martín, Rocío Ramón, Laura Crespo, Gina Balcells e Mónica Ferrer (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Bea Gaete, Adriana Soto (quinteto inicial), Lucía Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera (meta suplente).

ÁRBITRO: Cristian García Peris. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (María Sanjurjo, min. 3). 1-1 (Rocío Ramón, min. 46). 1-2 (Bea Gaete, min. 50). 1-3 (María Sanjurjo, min. 50).

Xornada 25 da OK Liga Feminina 21/22. Les Comes.

Deixa un comentario