CRÓNICA #CopaDoRei | Á final (1-2)

CRÓNICA #CopaDoRei | Á final (1-2)

21 de marzo de 2026


Un duro partido ante o Igualada acaba con vitoria.

O Liceo xogará a final da Copa ante o Calafell este domingo ás 11:45h.

Segundo paso completado. Queda a final, unha na que estará o Liceo despois de vencer con traballo e sacrificio a un duro Igualada. O último rival desta Copa do Rei será polo tanto o Calafell, que esperará tamén no Ateneu este domingo ás 11:45h

O certo é que os de Juan Copa atoparon o impacto inmediato. Tardaron segundos en deixar o selo grazas a Dava Torres, moi hábil dentro da área do meta Arnau Martínez para picar a bóla e mandala á rede. Aínda así, todo o positivo que trouxo ese gol inicial tamén levou da man ó negativo: que ó partido todavía lle quedaban (como mínimo) 49 minutos. Para ben e para mal.

Empate e novo golpe na mesa

Nese tempo podían pasar moitas cousas e unhas delas foron as táboas que logrou Roger Bars para o Igualada. Ante un Liceo que debeu sobrevivir a varias inferioridades por tarxetas azuis, o xogador catalán equilibrou o asunto ó superar a un Blai Roca que aínda así completou un partido incomensurable.

Dava Torres e Nil Cervera anotaron os goles decisivos para o pase á final

Prometíase unha prórroga das clásicas, pero finalmente Nil Cervera decidiu que non. Unha gran acción do dorsal 2 verdibranco ante o seu exequipo dobregou a Arnau Martínez a falta de catro minutos para a bocina, aínda que todavía quedaba resistir as últimas embestidas dun rival ferido. Intentouno todo, pero a rede do Liceo permaneceu inmóbil. Final e á final.

FICHA TÉCNICA

IGUALADA: Arnau Martínez; Matías Pascual, Roger Bars, Marc Carol, Miguel Cañadillas (quinteto inicial), Biel Llanes, Joan Ruano, Joel Roma, Álex Cardil e Ferran Busquets (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron a tarxeta amarela a Roger Bars e a Marc Muntané, xogador e adestrador do Igualada. No Liceo viuna Juan Copa. Ademáis, viron a azul os liceístas Nil Cervera e César Carballeira.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 1). 1-1 (Roger Bars, min. 31). 1-2 (Nil Cervera, min. 46).

RECINTO E INCIDENCIAS: Copa do Rei 2026. Segunda semifinal. Ateneu (Sant Sadurní).