O LICEO LOGRA A SÚA UNDÉCIMA COPA DO REI

O LICEO LOGRA A SÚA UNDÉCIMA COPA DO REI

22 de marzo de 2026


O equipo de Juan Copa vence ó Calafell por 1-4 e alza o título.

O gol inicial de Xaus e o espectacular triplete de Bruno Saavedra danlle a Copa ó Liceo.

O Hockey Club Liceo é campión da Copa do Rei por undécima vez na súa historia. Un novo título para o conxunto dirixido por Juan Copa, que no Ateneu de Sant Sadurní venceu a un combativo Calafell. Os verdibrancos logran así un novo entorchado despois do de 2021, outro éxito para o club deportivo máis laureado de toda Galicia.

Un Bruno Saavedra histórico

Dentro dun partido seguramente máis igualado do que di o marcador, os de Copa souberon exactamente que facer para aguantar as embestidas rivais e causar dano cando tocaba. Proba diso foi que deberon pasar 21 minutos ata que Arnau Xaus, cunha excelente falta directa, lle deu ó Liceo unha vitoria parcial que non se acabaría movendo.

Gran parte dese mérito foi tamén para o protagonista do encontro: Bruno Saavedra, que anotou un hat trick en tan só un minuto de xogo e encandilou ós presentes. Empezou cun golazo no 40 e continuou con outros dous en cuestión de instantes. O Calafell maquillou o marcador cun gol de Biel Pujadas, pero non manchou o que foi outro partido colosal de Blai Roca. Final, confeti e celebración.

FICHA TÉCNICA

CALAFELL: Martí Serra; Carles Domènech, Biel Pujadas, Aleix Marimon, Sergi Folguera (quinteto inicial), Jero García, Jepi Selva, Joan Pujalte, Quim Gabarró e Josep María Virgili (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Jonathan Sánchez García. Expulsaron por dobre amarela a Guillem Cabestany, adestrador do Calafell. Mostraron tarxeta azul a Quim Gabarró e Jero García tamén por parte do Calafell, ademáis da amarela a Martí Serra e Aleix Marimon. No Liceo viu a amarela Blai Roca.

GOLES: 0-1 (Arnau Xaus, min. 21). 0-2 (Bruno Saavedra, min. 40). 0-3 (Bruno Saavedra, min. 41). 0-4 (Bruno Saavedra, min. 41). 1-4 (Biel Pujadas, min. 50).

RECINTO E INCIDENCIAS: Copa do Rei 2026. Final. Ateneu (Sant Sadurní).