CRÓNICA #CopaDoRei | Solvencia e semifinais (2-1)

CRÓNICA #CopaDoRei | Solvencia e semifinais (2-1)

20 de marzo de 2026


O Liceo supera ó Alcoi e enfrontarase mañá ó Igualada por un posto na final (18:15h).

O primeiro paso da Copa do Rei xa está dado. Ese foi o premio despois dunha gran vitoria contra o Alcoi nos cuartos de final. Veu tras un partido serio e efectivo que apenas ofreceu oportunidade ó rival do venres, pero o sábado ás 18:15h esperará outro: o Igualada, que tamén loitará por un posto na gran final do domingo.

O Ateneu de Sant Sadurní, que xa non poderá disfrutar do seu Noia debido á súa eliminación, puido ver a un Liceo que soubo exactamente que facer en todo momento. Agardou pacientemente ata atopar o gol que terminou por facilitar todo: o anotado por Dava Torres desde o costado dereito do ataque (1-0, minuto 9).

Xestión, solidez e acerto

O bo facer dos de Juan Copa implicou moitas disciplinas. Tamén as defensivas. Unha azul vista por Fran Torres obrigou ós verdibrancos a aguantar ese 1-0 parcial, meta que logrou; polo que o descanso chegou co mesmo resultado. Si que cambiaría ó pouco de empezar o segundo acto, cando Bruno Saavedra sacou do sombreiro un gol maravilloso. Recibiu ben cuberto polo seu par, pero cun excelente reverso enviou a bóla á escadra cercana do meta Marc Grau. Todo un golpe na mesa que inclinaría o guion do encontro (2-0, minuto 29), pero non definitivamente.

O gol de Manel Hernández acurtou distancias para o Alcoi, pero o Liceo ficou firme para aguantar a vitoria

Faltaba o tanto do alcoiano Manel Hernández, hábil na directa froito da décima infracción verdibranca. Ese 2-1 achegou ós visitantes, que probaron o ataque con cinco de pista pero que non foron capaces de superar o muro coruñés.

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Jacobo Copa, Nuno Paiva, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Dava Torres, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ALCOI: Marc Grau; Joan Pascual, Iago Vázquez, Manel Hernández, Franco Ceschin (quinteto inicial), Álvaro Hernández, Agustín Domínguez, Biel Autet, Gonzalo Pérez e Nico Jordá (meta suplente).

ÁRBITROS: Josep Antoni Ribó Navarro e Raúl Burgos Manotas. Mostraron o cartón azul ós liceístas Fran Torres e Nuno Paiva. No Alcoi viuno Gonzalo Pérez.

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 9). 2-0 (Bruno Saavedra, min. 29). 2-1 (Manel Hernández, min. 44).

RECINTO E INCIDENCIAS: Copa do Rei 2026, Cuartos de Final. Ateneu (Sant Sadurní).