Contra o Arenys de Munt para retomar a OK Prata

Contra o Arenys de Munt para retomar a OK Prata

Tiveron que pasar máis de 20 días para que o Deportivo Liceo de Sergio Huelves regrese á competición. Un período usado polo Grupo Norte da OK Prata para recuperar partidos pendentes. Unha vez rematado, o filial si recibirá este sábado (17:00h, Agra I) a un potente rival: o líder Arenys de Munt.

Será unha boa oportunidade para buscar un espaldarazo na táboa. O Liceo vive actualmente na zona media (sétimo) con 18 unidades sumadas, aínda que a tiro de vitoria do sector alto. A tarea non será fácil ante un Arenys que logrou marcar certas distancias nesta igualada OK Prata. O conxunto catalán suma un total de 28 puntos, catro máis có segundo, tras un rexistro de nove triunfos, un empate e tres derrotas.

O filial masculino recibirá ó líder do Grupo Norte

Unha delas, sen embargo, foi responsabilidade do propio Deportivo Liceo. No encontro da primeira volta, correspondente á xornada 3, os verdibrancos conquistaron o Pavelló Municipal (2-4 con dous goles de Fran Torres, un de Nanu Castro e outro de Rubén Martín).

Deixa un comentario