PREVIA OK LIGA FEM (X11, adiada) | Coa Copa a tiro

PREVIA OK LIGA FEM (X11, adiada) | Coa Copa a tiro

Toca pulir deberes pendentes, aínda que o sexan por razóns de forza maior. O Deportivo Liceo recuperará este sábado (20:30h) un partido máis dos que deberon ser suspendidos no seu día por culpa do COVID-19: o que lle enfrontará ó Girona no Municipal Palau II.

O obxectivo desta nova proba será claro: sumar un segundo triunfo consecutivo na OK Liga Feminina que continúe ó valioso logrado no Municipal de Bigues (1-4). Esa vitoria elevou ó Liceo ata os 16 puntos, útiles para permanecer na oitava posición.

Aínda así, o equipo forma parte dun grupo que -como se anotou previamente- todavía debe poñerse ó día en canto a xornadas. Tamén estará aí a motivación da clasificación para a Copa da Raíña.

Contra o colista

O rival desta data adiada será o colista destacado da competición. O conxunto branquivermello non logrou adaptarse ás circunstancias da OK Liga Feminina e tan só sumou, ata o de agora, un punto en catorce partidos.

O Girona tan só ha sumou un punto en catorce partidos

Tampouco destacan para ben os seus números en canto a goles: 10 a favor (o menor da competición) e 72 en contra (o maior xunto ó do Vilanova).

A pesar de todo, o Deportivo Liceo non poderá confiarse en ningún momento e deberá loitar con todo o dispoñible por tres novos puntos: “Andaremos con pés de plomo porque sobreconfiarse pode ser un arma de dobre filo”, comenta Stanis García.

Lista de convocadas

O técnico liceísta, por diferentes motivos, no poderá contar con demasiadas xogadoras para este compromiso. A lista completa queda composta por oito mulleres: Viki Caretta, Mencía Mosquera, María Sanjurjo, Adriana Soto, Bea Gaete, Alba Garrote, Cris Diz e Ale Martín.

Deixa un comentario