Vive a Final 8 da Champions connosco!

Vive a Final 8 da Champions connosco!

24 de abril de 2026


O Liceísmo poderá apoiar de novo ós seus, esta vez no Mário Mexía de Coimbra (Portugal).

O Liceo xogará os Cuartos da Final 8 da WSE Champions League ante o Porto (mércores 6 de maio, 20:00h de España).

Por un total de 38€ por persoa incluirase un pack de autobús máis entrada, vendéndose tamén pases soltos.

Se antes se loitou por entrar na Final 8, agora toca pelexar por ela. Porto e Liceo xogarán o 6 de maio os Cuartos de Final desta WSE Champions League e os Liceístas que o desexen poderán sumarse de novo a nós para apoiar a Juan Copa e ós seus xogadores.

Por esa razón, o Club pon a disposición un pack de entrada máis autobús por tan só 38€/persoa. Tamén pases soltos sen transporte a 8,60€ cada un.

Os interesados deberán realizar dito ingreso mediante transferencia bancaria ó seguinte número de conta: ES98 2080 0006 4255 0002 2243, enviando xustificante ó correo administracion@hockeyclubliceo.com. Na mensaxe deberase especificar o nome das persoas que acudirán, sexa con ou sen autobús.

O mencionado transporte sairá o mesmo mércores 6 de maio desde a DéporTienda da Rúa Manuel Murguía. Será ás 14:00h. En caso de ser necesario, realizará unha parada quince minutos despois en Alfonso Molina. O regreso á Coruña terá lugar unha vez concluido o partido, tal e como ocorreu na viaxe recente a Oliveira.

Sumemos forzas de novo na loita pola Final 8!