25 de abril de 2025
Os de Juan Copa suman tres puntos despois de superar incontables adversidades e dependen de si mesmos para acabar a Fase como primeiros.
O que fixo o Liceo no Onze de Setembre foi de tolemia. Fronte a un Lleida máis que combativo que provocou mil problemas, os homes de Juan Copa impuxéronse para sumar tres puntos de auténtico ouro. Son xa un total de 59, dous máis que o segundo clasificado, polo que un triunfo no encontro de Riazor ante o Alcoi (venres 1, 19:15h) suporía a primeira praza na Fase Regular.
O Lleida chegouse a colocar cun 4-1 favorable.
Ó primeiro intercambio de golpes, que acabou con 1-1 polos tantos do exliceísta Fabri Ciocale e de Nil Cervera, seguiulle o mellor momento do Lleida no partido. Dous minutos de alto nivel nos que se lograron colocar cun 4-1 favorable. Ata que o Liceo decidiu copiar. 4-4 para chegar ó descanso, unha vez os verdibrancos exhibiron ata o extremo o seu instinto de supervivencia.
A remontada definitiva
Todo isto en 25 minutos, pero é que quedaban outros. Con menos goles, iso si, pero igual de intensos. Uns nos que o local Martí Gabarró completou o seu hat trick, poñendo o 5-4 cando todavía restaba prácticamente todo o segundo acto. O Liceo era coñecedor diso.
Decidiu de todos modos esperar ó final para aproveitar as súas oportunidades. Nil Cervera apareceu de novo a falta de sete minutos para empatar, pouco antes de que César Carballeira puxera por fin por diante ós coruñeses. Os que finalmente saíron vitoriosos por 5-6.
FICHA TÉCNICA
LLEIDA: Javi Sánchez; Sebas Moncusí, Fabri Ciocale, Nico Ojeda, Jordi Badia (quinteto inicial), Darío Giménez, Toni Miguélez, Sergi Duch, Martí Gabarró e Xavi Bosch (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron tarxeta azul ó local Martí Gabarró, así como amarela a Toni Miguélez.
GOLES: 1-0 (Fabri Ciocale, min. 8). 1-1 (Nil Cervera, min. 11). 2-1 (Martí Gabarró, min. 17). 3-1 (Martí Gabarró, min. 19). 4-1 (Nico Ojeda, min. 19). 4-2 (Nuno Paiva, min. 23). 4-3 (Arnau Xaus, min. 23). 4-4 (Dava Torres, min. 24). 5-4 (Martí Gabarró, min. 28). 5-5 (Nil Cervera, min. 43). 5-6 (César Carballeira, min. 48).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 25 da Fase Regular. Municipal Onze de Setembre (Lleida).