Vitoria traballada na pista do Calafell

Segunda vitoria a domicilio que fai que #OsNosos sigan conservando o primeiro posto xunto co Igualada.

O Deportivo Liceo sumou na noite de onte a súa cuarta vitoria consecutiva no cuarto compromiso da presente OK Liga 2019-2020. Os de Juan Copa obtiveron de novo os 3 puntos, logo dun encontro extremadamente traballado na pista do Calafell que rematou co resultado final de 1-2.

Un gol de Facu Bridge no minuto 15 e outro de Bruno Di Benedetto na última xogada do primeiro tempo, permitiron aos #Nosos chegar ao tempo de lecer cun colchón de dous goles de vantaxe.

Na segunda metade, predominou o control de partido e as posesións largas. No minuto 37 de xogo, Sergi Torné cometeu unha infracción en campo contrario e Roberto Di Benedetto tivo unha oportunidade para aumentar a diferencia mediante a falta directa. Martí Serra propiciu o erro do punta francés, e, pouco tempo más tarde, o Calafell tampouco foi quen de aproveitar a décima falta do Deportivo Liceo.

A falta de 5 minutos para a conclusión, o propio Torné reduciu diferencias cun gol milimétrico que a piques estivo de sacar un Carles Grau que amosou de novo a súa versión máis sólida con paradas meritorias nas dúas porterías. Pese ao tanto encaixado e ao sufrimento dos instantes finales, o marcador de 1-2 mantívose e o triunfo viaxou cara #ANosaCasa.

A semana próxima, dará comezo a competición Europea, e polo tanto, haberá que visitar o sábado a partir das 21:00 ao Forte Dei Marmi (Campión Italiano), nunha das pistas máis quentes de todo o vello Continente. O día 23 ás 21:00, recibimos ao Lleida Llista Brava no encontro correspondente á quinta xornada de OK LIGA.

Vémonos pronto no Pazo Dos Deportes de Riazor! #ForzaDeportivoLiceo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario