Visita do Vendrell na OK Prata

Visita do Vendrell na OK Prata

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O técnico Sergio Huelves xa afronta o seu debut como local tras estrearse cun empate a domicilio. O filial masculino do Deportivo Liceo deberá lidiar cun dos ósos duros da OK Prata: o recén descendido Vendrell (sábado 11, 16:00h, Agra). Unha proba de nivel coa mente posta en continuar nos postos altos da categoría.

A escadra verdibranca ocupa a segunda posición do Grupo Norte, só superada por outro antigo membro da OK Liga como é o Mataró. Catorce puntos (un menos có líder) como resultado de catro triunfos, dous empates e unha única derrota. Todo iso contra as once unidades do Vendrell de Xavi Ferrer, actual sexto que vén de empatar (5-5) contra o Lloret.

Será o penúltimo choque do ano para os muchachos de Huelves, ós que lle restará un complicado derbi coruñés contra o Dominicos.

Deixa un comentario