PREVIA OK LIGA FEM (X7) | A pola segunda seguida

PREVIA OK LIGA FEM (X7) | A pola segunda seguida

Toca o terceiro compromiso da semana e o penúltimo do ano 2021. O Deportivo Liceo de Stanis García xa ten en mente a súa visita a Mataró do sábado ás 20:30h, un choque complicado pero afrontado con ganas despois da recente vitoria en Las Rozas. O obxectivo é claro: sumar a segunda de forma consecutiva.

Os tres puntos do pasado mércores devolveron ese sabor a un equipo cómodo na zona media da OK Liga Feminina, pero con ganas de máis. Suma un total de sete. No Municipal Jaume Parera i León loitarán as liceístas, oitavas, contra as actuais duodécimas e antepenúltimas.

Un partido trampa

Todo indicaría un obstáculo sinxelo, dentro dunha teoría que pouco acerta no deporte. A realidade é que agardará un Mataró ansioso por regresar ó bo camiño e beneficiado polo factor pista.

O conxunto dirixido por Aleix Castellsaguer, aínda así, contra cunhas escasas tres unidades froito do seu enfrontamento ante o Girona da segunda xornada. Actualmente suma catro derrotas seguidas contra Palau, Igualada, Las Rozas e Vila-sana, ou o que é o mesmo, contra algúns dos xigantes da competición.

Lista de convocadas

O Deportivo Liceo buscará tres novos puntos coas seguintes xogadoras: Viki Caretta, Katy Guscin, María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto, Bea Gaete, Lucía Yáñez, Naiara Vaamonde e Ale Martín.

Deixa un comentario