Visita a Fiateira Motor, concesionario oficial da Copa do Rei e da Raíña 2021

Visita a Fiateira Motor, concesionario oficial da Copa do Rei e da Raíña 2021

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo visitou a Fiateira Motor, concesionario oficial da Copa do Rei e da Raíña 2021. Nas instalacións situadas no Polígono da Grela, os xogadores e a directiva do club compartiron a mañá xunto ós seus responsables e fixeron conxura de cara ós intensos días de competición que agardan.

A escasas xornadas do inicio do evento, que terá lugar no Pazo dos Deportes do 10 ó 13 de xuño, os liceístas recibiron a maior das sortes por parte do equipo de Fiateira Motor. A modo de obsequio, o concesionario tamén recibiu un stick asinado por tódolos xogadores do plantel.

O equipo dirixido por Juan Copa comezará o seu camiño no torneo o xoves 10 (día da inauguración) ás 20:45h, data na que se enfrontará ó CP Voltregà.

Podes ver a GALERÍA COMPLETA de imaxes da visita, obra de HOCKEY GLOBAL, na nosa páxina oficial de Facebook.

Deixa un comentario