Unha vitoria que achega os cuartos

250f7a05-9880-499b-a059-88aa03f22553

O Deportivo Liceo deu un paso de xigante para estar nos cuartos de final de competición europea tras imporse na pista do Saint Omer (2-5), e despois da vitoria de Oliveirense ante o Forte dei Marmi, que deixa aos herculinos segundos no grupo D con 6 puntos, por detrás do cadro portugués (9), pero con cinco máis que os italianos e que os rivais desta noite.

O partido non comezou ben para os pupilos de Copa que, sen tempo para meterse no choque, viron como aos poucos segundos Jacobo Mantiñán facía o primeiro tanto francés. O gol pareceu espertar aos liceístas que, lonxe de vir abaixo e sentirse presionados polo abundante público que había nas bancadas de Saint Omer, fóronse facendo donos do ritmo do encontro.

Co gol de Roby dei Benedetto (1-1, min 11), os herculinos parecían cómodos sobre a pista, pero, nada máis lograr a igualada, o cadro francés volveu poñerse por diante grazas a Conca (min 11). Con algúns problemas para atopar espazos nunha pista de dimesiones reducidas, foi Bruno dei Benedetto o que fixo o 2-2 (min 14).

A partir de entón, o Deportivo Liceo non deu moitas máis opcións ao seu rival que viu como Platero (min 19 e min 22) encarrilaba o choque antes de chegar ao descanso.

Na continuación, e pese ao empuxe local, os herculinos souberon controlar as acometidas francesas, que puideron meterse no partido tras unha azul vista por Dava Torres a falta de 11 minutos, pero non acertaron na falta directa.

Á desesperada, e concedendo máis opcións atrás, Marc Grau terminaría por certificar a vitoria co 2-5 (min 46), que permite aos de Juan Copa ver o futuro con moito optimismo e comezar da mellor maneira posible unha semana esixente que seguirá o martes coa visita a Reus e terminará o domingo co choque ante o Barça.

FICHA TÉCNICA

Saint Omer:Pedro Chambel, Marc Cuenca, Albert Queron, Jacobo Mantiñan y Baieli –Cinco inicial-Savreux, Colin, Le Roux y Barengo.

Deportivo Liceo:Carles Grau, Platero, Maxi Oruste, Facu Bridge y Dava Torres –Cinco inicial- Roby di Benedetto, Marc Grau, Bruno di Benedetto y Ciocale.

Colexiados: Rui Torres-Paulo Rainha. Azul a Dava Torres (min 39)

Goles: 1-0: Jacobo Matiñán, min 1; 1-1: Roby di Benedetto, min 11; 2-1, min 11: Cuenca; 2-2 min 14: Bruno di Benedetto; 2-3, min 19: FrancoPlatero; 2-4, min 22: Franco Platero; 2-5 min 46: Marc Grau.

Incidencias: 3ª jornada Copa de Europa. Salle des Sports du Brockus – Saint-Omer (France)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deja un comentario