O equipo do Pichu Galvani recibirá en Monte Alto ó Oleiros (domingo 1, 12:30h).
Nova fin de semana e nova proba para o Liceo de OK Bronce. O conxunto dirixido polo Pichu Galvani afrontará este domingo a sexta data do Grupo Norte da terceira categoría, un partido a celebrar no coruñés Polideportivo de Monte Alto contra o Club Hockey Oleiros (12:30h).
Este choque implicará unha nova oportunidade para un filial que está a completar un excelente inicio de curso. Actualmente ocupa a segunda posición da división con 10 puntos de 15 posibles, só por detrás dos 12 que ata o momento acumulou o líder Mieres.
Estes foron os resultados dos de Galvani nas cinco datas inaugurais do curso 26/27:
- HC LICEO 5-1 CH Compostela | Xornada 1 | Goles de Roi Saavedra (3), Xandro Fraga e Unax Macías
- Telecable HC 1-6 HC LICEO | Xornada 2 | Goles de Jaime Méndez (2), Xandro Fraga (2), Isaac Naveira e Jorge Fernández
- HC Borbolla 6-7 HC LICEO | Xornada 3 | Goles de Jaime Méndez (3), Xandro Fraga (2), Roi Saavedra e Jorge Fernández
- HC LICEO 3-4 CP Mieres | Xornada 4 | Goles de Tilahún Paz, Jorge Fernández e Roi Saavedra
- Iruña HP 2-2 HC LICEO | Xornada 5 | Goles de Roi Saavedra e Jaime Méndez
Tras este encontro ante o Oleiros, o filial vivirá un parón competitivo na OK Bronce. A súa seguinte proba terá lugar na pista do asturiano Oviedo Booling Club o vindeiro sábado 14 de novembro (20:00h).