Taradell espera a un Liceo que busca o récord de vitorias

Taradell espera a un Liceo que busca o récord de vitorias

FOTOS: HG. HOCKEY GLOBAL

Sumar y seguir. Ese el objetivo con el que el Deportivo Liceo partirá mañana rumbo a la pista del Taradell, donde los pupilos de Juan Copa se medirán a un rival que llega de vencer la jornada pasada en su visita al Lloret. Al margen de que ganar una vez más supondría superar el récord de diez victorias consecutivas que data de la temporada 91-

Sumar e seguir. Ese o obxectivo co que o Deportivo Liceo partirá mañá rumbo á pista do Taradell, onde os pupilos de Juan Copa mediranse a un rival que chega de vencer a xornada pasada na súa visita ao Lloret. Á marxe de que gañar unha vez máis suporía superar a marca de dez vitorias consecutivas que data da tempada 91-92, os herculinos céntranse en manter o bo nivel de xogo que están a demostrar para afianzarse no alto da táboa.
Nunha semana moito máis tranquila que a anterior, na que os liceístas disputaron 3 encontros en 6 días, nesta ocasión, o persoal verde aproveitou para recuperarse do esforzo dos últimos partidos e preparar mellor unha cita que se parecerá moito ás vividas este ano lonxe de Riazor.
Ante un Taradell necesitado de puntos -2 vitorias-1 empate-7 derrotas-, os de Copa deberán superar unha vez máis a un equipo que lles dará a iniciativa, encerrarase e buscará as contras. Para iso, o técnico herculino ha insistido na solidez defensiva e a efectividade en ataque como claves para sacar adiante o a cita en Cataluña.


Declaracións Juan Copa: “Mañá teremos un partido moi na liña dos que tivemos fóra de casa, cun equipo que se vai a cerrar, que nos vai a esperar, que vai tentar collelos á contra. Nós temos moi claro o que temos que facer, seguir coa liña que estamos a seguir fóra de casa, sendo moi sólidos atrás, defendendo ben, esa é a primeira premisa que temos que ter clara e, a partir de ahi, manexar o partido no estilo que nos convén. Será importante ser efectivos coas ocasións que imos ter para tratar de poñernos por diante para manexalo mellor. Traballalo ben para sumar tres puntos máis ante un equipo que fai moi ben as cousas”.

Día: sábado, 30 de novembro

Hora:18.0 horas

Colexiados: Valverde Munera-González González

Pista: El Pujoló

Tv: okliga.tv

Deja un comentario