Ramón Benito Martínez: “O Liceo é un equipo que me encanta”

c037e534-83e6-4098-a332-4420494b75bc

Descansados tras aprazar o encontro de entresemana ante o Lloret, o Xirona medirase ao Deportivo Liceo coa mente posta en sumar, de aquí ao final da primeira volta, o maior número de vitorias que lle permitan lograr un posto na Copa do Rei. “A competición está moi igualada, hai 10 equipos separados por moi poucos puntos e nós trataremos de facernos fortes en casa para poder ser un do oito que consiga o pase”, apunta Ramón Benito Martínez, técnico do Xirona.

Con todo iso, e recoñecendo que “o choque ante o Liceo non é da nosa de Liga”, o preparador catalán advirte que o seu equipo non renunciará a nada. “Claro que imos competir, e farémolo coas nosas armas. Somos un equipo novo, ao que lle gusta xerar hóckey e ser protagonista. É certo que ante o Liceo teremos que controlar moitas cousas, pero como adestrador quero que o meu equipo achegue á competición, pola contra, son dos que pensa que é mellor non estar”.

Preguntado polo bo arranque do seu rival do venres, Martínez apunta que non me sorprende. Eu era dos que dicía que ficharan ben cando incorporaron aos irmáns Di Benedetto, a Marc, que é certo que non tivo un bo ano en Noia, pero é un xogador de nivel, e teñen a Dava e xente nova como Bridge e Ciocale…e ademais está Juan Copa que traballa moi ben e que sabe de que vai todo isto”.

Con todo iso, e destacando o labor dun club que “sabe apostar pola xente nova con talento”, o técnico do Xirona espera un rival que nos virá a buscar, que será intenso e ante o que non poderemos conceder moitas contras para logo aproveitar as ocasións que seremos capaces de xerar”.

Volve Llaverola
Á marxe do deportivo, o choque terá servirá tamén para Jaume Llaverola regrese á que fose a súa cara durante as tempadas (2005-2010). O veterano porteiro de 44 anos, foi no seu día unha peza moi importante do conxunto herculino e o é agora no Xirona cada vez que está sobre a pista. “É dos nosos veteranos, e cando podemos contar con el dános un nivel moi importante”, recoñece Martínez.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deja un comentario