Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).
Ante as novas restriccións da Xunta de Galicia co obxectivo de controlar a pandemia de COVID-19, o Deportivo Liceo xogará contra o CE Vendrell a porta pechada. O Pazo dos Deportes, recinto do partido, só permitirá a entrada ás persoas estrictamente necesarias.
A Real Federación Española de Patinaxe ideou un protocolo común a tódolos equipos locais das súas competicións, no que só terán permiso de asistencia os seguintes grupos de persoas:
- Xogadores e corpo técnico (só os que figuren no Acta).
- Equipo arbitral e responsables da mesa de anotadores.
- Xuntas Directivas de ambos equipos (só os que como tales figuren identificados ante a RFEP) e Xunta Directiva da Asociación de Clubes de Hockey Patines (ACHP).
- Empregados das instalacións e persoal técnico estrictamente relacionados coa organización do partido (por exemplo: persoal de mantemento da instalación ou persoal de limpeza).
- Delegados, persoal da Real Federación Española de Patinaxe e persoal federativo autonómico.
- Médicos antidopaxe, persoal sanitario, persoal de seguridade e persoal de emerxencias que corresponda.
- Prensa e fotógrafos oficiais debidamente acreditados. Deberanse cumprir posicións de traballo adecuadas á normativa sanitaria vixente.
- Persoal imprescindible para a retransmisión televisiva ou en streaming dos encontros.
O equipo local asume a obrigación de garantir que o encontro sexa celebrado a porta pechada, asumindo toda a responsabilidade respecto ao seu cumprimento. Os colexiados actuarán como garantes do cumprimento de dita obrigación, dando fe de que á instalación non entren persoas distintas ás permitidas.