Segunda proba para o OK Prata

Segunda proba para o OK Prata

Imaxe: Manu Boutureira.

Tras un inicio trepidante, o filial do Deportivo Liceo afronta hoxe sábado a segunda proba do seu camiño. Nunha nova xornada do Grupo Norte da OK Prata, o conxunto dirixido por Stanis García xogará ante o Compañía de María ás 19:00h. O coruñés Polideportivo de Elviña, recinto no que se celebrará o encontro, non poderá recibir a visita de público debido ás actuais limitacións sanitarias.

O OK Prata do Liceo chega a esta segunda data despois de debutar cunha vibrante actuación contra o Dominicos, con resultado final de 7-7. Os verdes ocupan actualmente a quinta posición da clasificación, mentres que o Compañía disputará o choque co seu casilleiro aínda sen estrear. Na primeira xornada, os colexiais caeron ante o Finved Capellades por 3-2.

A continuación, o resto de partidos da segunda xornada. O encontro entre o Vilafranca e o Manlleu foi suspendido debido a un positivo por COVID no conxunto local, así como o Sant Cugat-SHUM:

  • CAA Dominicos – CP Tordera (17/10/2020, 18:00h).
  • HC Sant Just – Finved Capellades (17/10/2020, 20:00h).
  • CP Areces Pavitek – RC Jolaseta (17/10/2020, 20:00h).

Deixa un comentario