Queres ser capitán do Deportivo Liceo?

Queres ser capitán do Deportivo Liceo?

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Desde agora, o final dos partidos do Hockey Club Liceo estará protagonizado por un dos seus fieis seguidores. O noso capitán Dava Torres entregará o brazalete utilizado durante os 50 minutos de xogo a un afortunado ou afortunada que se sorteará entre tódolos socios apuntados neste formulario:

Desde ahora, el final de los partidos del Hockey Club Liceo estará protagonizado por uno de sus fieles seguidores. Nuestro capitán Dava Torres entregará el brazalete utilizado durante los 50 minutos de juego a un afortunado o afortunada que se sorteará entre todos los socios apuntados en este formulario.

A primeira entrega celebrarase tralo encontro da WSE Champions League fronte ao Oliveirense (xoves 13 de abril, 21:00h). Todos os que desexen participar deberán mandar os seus datos ata o mesmo xoves 13 ás 16:00h. Serán necesarios nome, apelidos, correo electrónico, número de teléfono e número de socio.

O sorteo realizarase entre os socios e socias do Deportivo Liceo que se inscriban no formulario facilitado

Unha vez rematado o prazo, o gañador ou gañadora elixirase aleatoriamente mediante a aplicación AppSorteos. Posteriormente o club contactará con esta persoa, que deberá acudir ao partido correspondente para poder recibir o brazalete. No caso contrario, repetirase o sorteo.

Queres ser capitán do Deportivo Liceo? ¡Esta é a túa oportunidade!

Deixa un comentario