PREVIA #PlayoffsOKLiga 24/25 (CUARTOS DE FINAL) | Duelos con Riazor como clave

PREVIA #PlayoffsOKLiga 24/25 (CUARTOS DE FINAL) | Duelos con Riazor como clave

16 de maio de 2025


Liceo e Lleida enfróntanse en Riazor dentro do duelo de Fase Regular. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo e o Lleida disputarán unha eliminatoria ó mellor de tres partidos, cos verdibrancos como donos do factor pista.

Que a Fase Regular da OK Liga quede atrás só pode significar unha cousa: a chegada dos seus playoffs polo título. O Deportivo Liceo será un ano máis un dos seus participantes, e esta vez deberá batirse ante o Lleida nos Cuartos de Final que comezarán este sábado en Riazor (18:30h).

O Pazo dos Deportes será clave nunha eliminatoria que ofrece factor pista ós muchachos de Juan Copa. Xunto ós do Lleida serán dirixidos na pista polos árbitros Miguel Díaz Cosme e Jordi Reverter García, con Carlos Chouciño como auxiliar.

Semana e media para decidir ó semifinalista

Serán exactamente 10 días para coñecer quen destes dous equipos ocupará unha praza entre os catro mellores. O do sábado 17 en Riazor só será o encontro inicial dunha serie ó mellor de tres. O do día 24 (tamén sábado) ás 18:00h en terras catalanas será o segundo, e no caso de ser necesario xogaríase un terceiro en Riazor o martes 27 ás 20:30h. Un reparto froito do factor pista gañado polo Liceo na Fase Regular: foi segundo, fronte ó sétimo posto do Lleida.

En caso de ser necesario, o terceiro partido da eliminatoria sería en Riazor

O gañador desta eliminatoria enfrontarase ben ó Reus ou ó Noia nunhas semifinais que xa se decidirán ó mellor de cinco probas. Mesma duración terá a final para o que consiga a súa presenza nela.

Todos dispoñibles e un descarte

Juan Copa terá novamente o bendito problema de contar con todo o seu plantel ó pé do cañón. Con Bruno Saavedra xa totalmente recuperado da súa doenza de cervicais, na propia mañá do sábado decidirase que xogador será o descarte.

Sairá dos seguintes once para cumprir o máximo de dez por convocatoria:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 23 goles en OK Liga
  • César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
  • Jacobo Copa | 7 | 10 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 12 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
  • Bruno Saavedra | 13 | 9 goles en OK Liga
  • Pablo Cancela | 74 | 2 goles en OK Liga
  • Tato Ferruccio | 5 goles en OK Liga

Un finalista de Copa do Rei que intentará asaltar Riazor

Edu Amat é un dos grandes responsables da boa tempada leridense, que rozou a excelencia na recente Copa do Rei. Foi finalista ante o Reus nun partido que peleou ata o final. Un bo exemplo do sacrificio e o talento do equipo que se enfrontará ó Liceo nestes Cuartos de Final. Na Fase Regular da OK Liga, como se apuntou anteriormente, ocuparon a sétima praza.

O Lleida finalizou a Fase Regular na sétima praza

Os homes que viaxarán este sábado a terras coruñesas serán os seguintes:

  • Martí Zapater | Porteiro, dorsal 10
  • Javi Sánchez | Porteiro, 60
  • Nuno Paiva | 5 | 17 goles en OK Liga
  • Darío Giménez | 6 | 11 goles en OK Liga
  • Antonio Miguélez | 7 | 4 goles en OK Liga
  • Sebas Moncusí | 9 | 13 goles en OK Liga
  • Sergi Duch | Capitán, 22 | 2 goles en OK Liga
  • Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 16 goles en OK Liga
  • Nico Ojeda | 55 | 20 goles en OK Liga
  • Jordi Badia | 63 | 8 goles en OK Liga

Os dous precedentes entre ambos da Fase Regular deixaron dous triunfos de cor verdibranca: tanto en Lleida (4-6) como en Galicia (1-0).

Deixa un comentario