CRÓNICA #PlayoffsOKLiga (PARTIDO 1 DE CUARTOS DE FINAL) | Cruel final (5-6)

CRÓNICA #PlayoffsOKLiga (PARTIDO 1 DE CUARTOS DE FINAL) | Cruel final (5-6)

17 de maio de 2025


Dos golpes duros do visitante Paiva danlle a vitoria ó Lleida.

Un final cruel pero que todavía non é definitivo. O primeiro partido dos Cuartos de Final destes playoffs foi para o Lleida, que apareceu nos momentos clave grazas a Nuno Paiva. A pesar do gran ambiente do Pazo, o punto inicial foise para Cataluña a expensas do que ocurra no segundo na súa pista (sábado 25, 18:00h).

Xadrez con sticks

Ata 17 minutos tiveron que pasar para que o marcador de Riazor ensinara algún gol. Inicialmente acompañoulle un grito de alegría: o froito do tanto de Bruno Saavedra, que aproveitou un pase da morte de César ó segundo pau. O remate pegou no ferro e despois bicou a rede. O dorsal 13 puido aumentar a vantaxe cunha excelente xogada individual dentro da área do Lleida, pero a bóla non acabou dentro.

Cada vez que un equipo marcaba, o outro respondía

Tampouco a que probou Dava Torres a un minuto de irse a vestiarios. Esa pegou no pau xusto antes de que Tombita, xogador do Liceo cedido no rival da tarde, empatara o partido.

Toma e daca

Pouco durou o empate a un gol, polo menos desde a reanudación da acción. César Carballeira encargose de anotar o 2-1 parcial, que non sobreviviu moito máis que o seu predecesor. Esta vez foi Darío Giménez, veterano arxentino do Lleida, o que lle devolveu a igualdade total ó encontro (2-2). Tal e como ocorreu no de Tombita, xusto despois dunha clara ocasión para os de Juan Copa.

Paiva empatou a falta de só 7 segundos para o final dos 50 minutos iniciais

Un adiantábase e o outro respondía. E así todo o tempo. Os de Edu Amat foron esta vez os encargados de mover primeiro. Moncusí adiantou por vez inaugural ó Lleida no 38 e obrigou ó Liceo a reaccionar, cousa que acabaría ocorrendo. Apareceron dous arxentinos: Fabri Ciocale e Tato Ferruccio, este último de directa, para remontar (4-3). Sen embargo, a falta de 7 segundos, empatou Paiva para forzar a prórroga. O primeiro gran golpe.

Fran Torres volveu poñer o susto no corpo dos liceístas cando oficializou o 4-5. O que anulou Dava Torres co 5-5 a só un minuto do descanso do tempo extra. Lamentablemente, viría outro cruel final: o que trouxo o gol novamente postreiro de Nuno Paiva (5-6).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Tato Ferruccio (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Martín Rodríguez (meta suplente).

LLEIDA: Martí Zapater, Darío Giménez, Chino Miguélez, Fran Torres, Jordi Badia (quinteto inicial), Nuno Paiva, Sebas Moncusí, Sergi Duch, Nico Ojeda e Javi Sánchez (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Jordi Reverter García. Sen tarxetas.

GOLES: 1-0 (Bruno Saavedra, min. 17). 1-1 (Fran Torres, min. 24). 2-1 (César Carballeira, min. 26). 2-2 (Darío Giménez, min. 27). 2-3 (Sebas Moncusí, min. 38). 3-3 (Fabri Ciocale, min. 43). 4-3 (Tato Ferruccio, min. 45). 4-4 (Nuno Paiva, min. 50). 4-5 (Fran Torres, min. 51). 5-5 (Dava Torres, min. 54). 5-6 (Nuno Paiva, min. 60).

INCIDENCIAS: Playoffs polo título da OK Liga 24/25. Primeiro partido de Cuartos de Final. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario