PREVIA OK LIGA FEM (X8) | Última proba do ano

PREVIA OK LIGA FEM (X8) | Última proba do ano

Todavía resta un obstáculo antes do parón de Nadal. O Deportivo Liceo continuará a súa aventura pola OK Liga Feminina no Pazo dos Deportes, recinto no que recibirá ó Vilanova (sábado 18, 17:00h).

Outra oportunidade para sumar de tres e despedir 2021 de forma aínda máis cómoda. Xa é así a situación clasificatoria dun equipo que quere máis, aínda que esté asentado na zona media grazas ós seus sete puntos. Despois, ademáis, de superar o tramo máis difícil do calendario.

Sen confianzas

Pode que a situación do Vilanova (penúltimo e un único punto) invite a tomar o duelo con certa tranquilidade, pero sería un grave erro. O conxunto de Enric Batlle conta con armas suficientes como para xerarlle un mal rato ó Liceo.

Stanis García, técnico verdibranco, non quere oír falar de relaxación: “Se algo caracteriza ós equipos de abaixo é que saen fortes á pista. Se estás despistado, pódeche custar un disgusto”. Si quixo eloxiar o traballo diario das súas xogadoras: “O equipo está facendo todo moi ben en semanas moi intensas. Estase vendo cada vez máis un sistema fluido, adestramento tras adestramento”.

A lista de convocadas para o enfrontamento está formada por Viki Caretta, Katy Guscin, María Sanjurjo, Bea Gaete, Alba Garrote, Adriana Soto, Naiara Vaamonde, Ale Martín, Lara Yáñez e Lucía Yáñez.

Como ir ó Pazo dos Deportes?

Como é habitual, facilítanse varios escenarios de adquisición de pases para tódolos liceístas que desexen animar ó equipo.

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor!

Normativa sanitaria de acceso

Trala publicación do DOGA no día de hoxe (venres 17 de decembro) esíxese que a partir de mañá sábado, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Liceístas, agradecemos a vosa responsabilidade. En mans de todos está que poidamos seguir disfrutando dun Pazo dos Deportes sen problemática sanitaria.

Deixa un comentario