26 de abril de 2025
Dava Torres conduce a bóla no duelo da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo viaxará a Reus para afrontar a penúltima xornada de Fase Regular, unha vez rematado o parón de dúas semanas.
O 6 de abril e a vitoria que deixou contra o Vilafranca marcaron o inicio dun parón de 20 días. Unha vez rematado, para o Deportivo Liceo resta a fase clave da OK Liga; aínda que antes da celebración do playoff polo título os de Juan Copa deberán completar as dúas últimas datas da Fase Regular. Aínda que xa sen nada en xogo por ter a segunda praza lograda matemáticamente, a próxima proba será na casa do Reus Deportiu (domingo 27, 16:10h).
Esta xornada unificada estará novamente retransmitida por OK Liga TV a través da súa canle de YouTube, e estará dirixida polos colexiados Miguel Díaz Cosme e Iván González González. Jordi Serra García será o seu auxiliar.
Sen nada en xogo na clasificación
Son 55 puntos para os liceístas tras 25 datas de fase, a falta de seis por xogarse. Como as distancias co primeiro e o terceiro posto son maiores, os dous partidos restantes antes do playoff non terán ningunha utilidade clasificatoria. Tras este, o seguinte será en Riazor coa visita do Voltregà. Volverá a ser xornada unificada, celebrándose todo o domingo 4 de maio ás 12:00h; e posteriormente terá lugar unha fin de semana de descanso. Será entón cando chegue a hora das eliminatorias polo título.


Sen lesións e cun descarte
Juan Copa conta xa co bendito problema de ter que elixir. Os seus once xogadores están en perfectas condicións físicas por primeira vez no que vai de curso, polo que deberá haber un descarte. Neste caso terá o nome do Tato Ferruccio, que non formará parte da lista que buscará os tres puntos no Palau d’Esports.
Bruno Saavedra, aqueixado dunha lesión cervical sufrida en Champions, aproveitou este parón para completar a súa recuperación, polo que si poderá participar no encuentro.
Tato Ferruccio será o descarte para este partido
Os dez homes que sairán á pista en Cataluña serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 23 goles en OK Liga
- César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
- Jacobo Copa | 7 | 8 goles en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 9 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
- Bruno Saavedra | 13 | 9 goles en OK Liga
- Pablo Cancela | 74 | 1 gol en OK Liga
O Reus, terceiro clasificado
Na mesma situación están os de vermello e negro que os verdibrancos: coa terceira praza xa asegurada pase o que pase. O seus 48 puntos (7 menos có Liceo e 8 máis có Igualada) aseguran dita posición, polo que tamén afrontarán o encontro do domingo con pouco que dicir clasificatoriamente.
Jordi Garcia contará para o encontro cos seguintes xogadores. Deberá realizar dous descartes:
- Càndid Ballart | Porteiro, dorsal 1
- Nil Viña | Porteiro, 94
- Ferran Giménez | 3 | 1 gol en OK Liga
- Joan Salvat | Capitán, 5 | 15 goles en OK Liga
- Pol Martínez | 7 | 1 gol en OK Liga
- Maxi Oruste | 8 | 9 goles en OK Liga
- Marc Julià | 15 | 9 goles en OK Liga
- Martí Casas | 18 | 25 goles en OK Liga
- Diego Rojas | 19 | 7 goles en OK Liga
- Roger Fargas | 21 | 3 goles en OK Liga
- Carles Casas | 27 | 6 goles en OK Liga
- Guillem Jansà | 33 | 3 goles en OK Liga