PREVIA #OKLiga 24/25 (X24) | Ante o Vilafranca para buscar a segunda praza

PREVIA #OKLiga 24/25 (X24) | Ante o Vilafranca para buscar a segunda praza

5 de abril de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo conseguirá o posto de forma matemática se vence o domingo en Riazor (12:00h).

Coa mente posta xa ó 100% na OK Liga tras deixar a Champions, ó Deportivo Liceo preséntalle o domingo (12:00h) unha gran oportunidade para encarrilar o seu camiño nos playoffs polo título. O Pazo dos Deportes de Riazor recibirá o Vilafranca e unha vitoria liceísta implicaría a consecución matemática da segunda posición, que otorgaría factor pista nos Cuartos de Final e as Semifinais.

O encontro, correspondente á antepenúltima data da Fase Regular, estará dirixido na pista polos árbitros Jonathan Sánchez e Iñigo López-Leitón; con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar.

Dous equipos cun partido recente a costas

Unha vez máis, para o equipo de Juan Copa será un reto a recuperación física. Os seus xogadores volverán ó Pazo despois de afrontar 50 minutos, prórroga e penaltis na volta de Cuartos de Final contra o Barcelos. De todos xeitos, o do domingo será o último choque oficial do Liceo ata final de mes.

Tras este partido, o Liceo non volverá a xogar ata o 27 de abril

As dúas últimas datas da Fase Regular, ambas con carácter unificado, terán lugar o domingo 27 de abril (16:10h na pista do Reus) e o domingo 4 de maio (12:00h en Riazor ante o Voltregà).

Por outro lado, o Vilafranca tamén acudirá á cita con acción recente, posto que o xoves recibiu na súa casa a todo un Lleida. O partido foi finalmente para os segundos grazas ó 3-4 que marcou finalmente o electrónico.

Continúa a baixa de Bruno

Os xogadores que sairán ó Pazo serán os mesmos que o fixeron no Municipal de Barcelos este pasado xoves. Bruno Saavedra todavía permanece de baixa debido á lesión sufrida no partido de ida da eliminatoria.

A lista de Juan Copa será a seguinte:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 21 goles en OK Liga
  • César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
  • Jacobo Copa | 7 | 7 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
  • Pablo Cancela | 74
  • Tato Ferruccio | 77 | 3 goles en OK Liga

Un Vilafranca xa descendido

O conxunto dirixido por Guillem Pérez, no mencionado encontro ante o Lleida, consumiu o seu descenso matemático á OK Prata. Pouco por xogar lle queda agora ó Vilafranca, penúltimo con 16 puntos, salvo perder a categoría na última praza da clasificación.

O encontro da primeira volta deixou un triunfo de cor verdibranca.

Unha das 15 derrotas sufridas ó longo da tempada foi precisamente contra o Deportivo Liceo, que na primeira volta logrou vencer en Cataluña por un marcador de 1-4. Os autores das dianas liceístas foron Arnau Xaus, Bruno Saavedra, Dava Torres e César Carballeira, mentres que a local tivo o nome de Roger Martí.

Os xogadores que visitarán Riazor para loitar polos tres puntos serán os seguintes:

  • Xus Fernández | Porteiro, dorsal 82
  • Pol Castro | Porteiro, 10
  • Roger Martí | 6 | 6 goles en OK Liga
  • Joan Vázquez | Capitán, 7 | 8 goles en OK Liga
  • Arnau Ribas | 8 | 7 goles en OK Liga
  • Bernat Yeste | 9 | 10 goles en OK Liga
  • Marc Palau | 26 | 4 goles en OK Liga
  • Humberto Mendes | 32
  • Roger Monserrat | 34 | 3 goles en OK Liga
  • Sergi Torné | 66 | 12 goles en OK Liga

Deixa un comentario