CRÓNICA #OKLiga (J24) | Segunda plaza asegurada (5-3)

CRÓNICA #OKLiga (J24) | Segunda plaza asegurada (5-3)

6 de abril de 2025


Jacobo Copa, Pablo Cancela e Tato Ferruccio: tres dos catro goleadores liceístas do encontro. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo de Juan Copa vence ó Vilafranca e consegue factor pista para a primeira rolda do playoff polo título. Tamén o poseería nunha hipotética semifinal.

O obxectivo do partido era sinxelo e cumpriuse. Un triunfo contra o Vilafranca otorgáballe ó Liceo a segunda praza de forma matemática, tarea que superou con creces. Ademáis con premio, e é que os de Juan Copa disputarán o playoff polo título co privilexio de vivir os Cuartos de Final (ó mellor de tres choques) con factor pista. O mesmo ocorrería nunhas hipotéticas semifinais (mellor de cinco).

Un bo botín que levar antes do longo parón competitivo que atravesará agora o equipo, posto que non xogará a penúltima data de Fase Regular ata o 27 de abril. Nesta antepenúltima recibía a un equipo en apuros e que finalmente consumou o seu descenso a OK Prata. Mal pintaba para eles cando, ós escasos minutos do inicio, Arnau Xaus xa colocara un 2-0 favorable ós locais.

Arnau Xaus anotou os dous goles iniciais da vitoria. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Un golpe precedería a varios

O seu homónimo Ribas recortaría distancias co 2-1, un golpe que o Liceo non tardou en responder por partida dobre. Se encaixou un gol, meteu dous. O primeiro tivo a sinatura de Jacobo Copa, sempre eléctrico e intenso, mentres que o segundo foi moi especial. Pablo Cancela sumou minutos e a súa primeira diana desde o regreso da dura lesión de xeonllo.

Un segundo acto con pouca historia

O certo é que o poderío dos de Copa fíxose notar durante todo o partido. A batuta foi súa. Os últimos 25 minutos de xogo non foron máis que unhas novas mostras diso. O electrónico ademáis seguía a dar alegrías a Riazor: Ferruccio sumouse ó catálogo de goleadores da mañá cun disparo colosal, lonxano e en carrera.

Foi a sinal coa que o Vilafranca xa podería baixar parcialmente os brazos, aínda que todo o contrario: aínda gozaron de tempo para marcar os tantos da honra. O 5-2 foi de Bernat Yeste tras un power play favorable, mentres que o 5-3 o anotou Roger Martí a segundos do final.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Pablo Cancela, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).

VILAFRANCA: Xus Fernández; Arnau Ribas, Bernat Yeste, Humberto Mendes, Sergi Torné (quinteto inicial), Roger Martí, Joan Vázquez, Marc Palau, Roger Monserrat e Pol Castro (meta suplente).

ÁRBITROS: Jonathan Sánchez García e Iñigo López-Leitón Zapico. Mostraron tarxeta azul ó local Pablo Cancela e ó visitante Arnau Ribas.

GOLES: 1-0 (Arnau Xaus, min. 6). 2-0 (Arnau Xaus, min. 7). 2-1 (Arnau Ribas, min. 11). 3-1 (Jacobo Copa, min. 13). 4-1 (Pablo Cancela, min. 17). 5-1 (Tato Ferruccio, min. 30). 5-2 (Bernat Yeste, min. 43). 5-3 (Roger Martí, min. 50).

INCIDENCIAS: Xornada 24 da OK Liga 24/25, Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario