15 de marzo de 2025
O Liceo recibirá en Riazor ó Alpicat (domingo, 12:00h) no que será o primeiro dos 7 partidos restantes de Fase Regular.
Trala Copa do Rei chega a hora de regresar á OK Liga, unha á que todavía lle faltan sete partidos de Fase Regular. O primeiro deles desde o punto de vista liceísta terá ó Alpicat como rival e a Riazor como escenario. Outra proba na que Juan Copa e os seus procurarán sumar de tres para manter a segunda praza provisional (domingo 16, 12:00h).
Este partido, retransmitido novamente por Hockey Global, terá como árbitros a Iñigo López-Leitón Zapico e Ignacio Garmendia Cano. Francisco José Martínez Suárez será o seu auxiliar.
Semana de tres partidos
Ó Deportivo Liceo, dono de 40 puntos, agárdanlle sete días de alta intensidade. Para manter ou aumentar a distancia de dúas unidades que lle separa do Reus Deportiu, os verdibrancos deberán afrontar ata tres duelos contando o do Alpicat.
Un deles será intersemanal na casa do Calafell (mércores 19, 20:30h), mentres que o último volverá a ser en Galicia. Por entón o visitante do Pazo dos Deportes de Riazor será o Noia (domingo 23, 12:00h).
Unha baixa e unha entrada
Non poderá participar en ningún destes encontros o Tato Ferruccio, sancionado con catro tralo cartón vermello visto nas semifinais da Copa do Rei. Entrará no seu lugar o junior Jaime Méndez, un habitual das listas de Juan Copa. Pablo Cancela, pola súa parte, xa conta coa alta médica e está a cada vez menos xornadas de regresar.
Tato Ferruccio non poderá participar nos próximos catro partidos de OK Liga
Os dez xogadores que se enfrontarán ó Alpicat serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Arnau Xaus | 3 | 18 goles en OK Liga e 6 en Champions
- César Carballeira | 5 | 11 goles en OK Liga e 5 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 8 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jaime Méndez | 78
Un Alpicat en busca da permanencia
O equipo de Jordi Expósito verá na súa visita a Galicia unha oportunidade máis para sumar na loita pola permanencia. Recén ascendido, atópase a falta de sete datas na posición 11: a primeira que implicaría un playout por non descender. Son agora mesmo 18 puntos para o Alpicat froito de cinco triunfos, tres empates e once derrotas.
O Alpicat de Jordi Expósito ocupa actualmente a primeira praza de playout
A favor dos de Expósito xogará o descanso físico, xa que o seu último compromiso oficial data do 22 de febreiro. Foi ademáis moi positivo, posto que logrou vencer por 4-2 ó Lleida (finalista da Copa).
O técnico dos cataláns deberá facer un descarte entre os seguintes once xogadores para saltar á pista do Pazo dos Deportes:
- Xavi Bosch | Porteiro, dorsal 1
- Ricard Casals | Porteiro, 10
- Miquel Serret | 3 | 8 goles en OK Liga
- Iago Vázquez | 4 | 10 goles en OK Liga
- Pol Besolí | 5
- Jan Munné | 7 | 1 gol en OK Liga
- Joan Serret | 8 | 3 goles en OK Liga
- Mats Zilken | 9 | 9 goles en OK Liga
- Marc Vázquez | 11 | 7 goles en OK Liga
- Uri Llenas | 19 | 3 goles en OK Liga
- David Ballestero | 87 | 8 goles en OK Liga
El duelo de la primera vuelta, disputado en el Pavelló Antoni Roure, dejó una victoria para el Deportivo Liceo. El gol inicial del local Iago Vázquez fue neutralizado por cinco de color verdiblanco, obras de Fabri Ciocale (2), Nil Cervera (2) y César Carballeira.