#LiceoAlpicat | ENTRADAS para a 20º xornada da OK Liga 24/25

#LiceoAlpicat | ENTRADAS para a 20º xornada da OK Liga 24/25

11 de marzo de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Alpicat en Riazor (domingo 16, 12:00h). O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Continúa a OK Liga e volverá a facelo no Pazo dos Deportes de Riazor, que albergará o duelo entre Deportivo Liceo e Alpicat. Disputarase o domingo 16 de marzo ás 12:00h.

Os pases para esta nova xornada ligueira xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente da forma na que se compre.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario