21 de febreiro de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo visitará La Bonaigua e non volverá a xogar OK Liga ata o 16 de marzo, con Champions e Copa do Rei entre medias.
Nin 48 horas pasarán entre o partido do Deportivo Liceo na Champions e unha nova xornada de OK Liga. Será o Sant Just quen esta vez reciba ó equipo de Juan Copa, que en La Bonaigua buscará tres novos puntos para reforzar a súa segunda praza (sábado, 20:00h). Todo iso con cada vez menos datas de Fase Regular por diante: tras esta restarán sete.
Este choque estará dirixido polos árbitros Raúl Burgos Manotas e Erik Rivas Martín, con Jordi Basols Torra como auxiliar. Coma sempre, será retransmitido en directo e totalmente de balde pola canle de YouTube de OK Liga TV.
Xornada e breve paréntese
A de La Bonaigua será a última data de OK Liga do mes de febreiro, posto que a vindeira fin de semana non haberá competición. A Fase Regular da máxima competición nacional, xa dentro da súa recta final, deterase para o Deportivo Liceo ata o 16 de marzo: entón recibirá en Riazor ó Alpicat.



Entre medias, dous competicións máis: a WSE Champions League e a Copa do Rei. O xoves 27 será o turno do Trissino para visitar o Pazo dos Deportes (20:30h), na que será a última data da Fase de Grupos. Unha semana despois dará comezo a competición do KO, co Liceo encadrado xunto ó Igualada en Cuartos de Final. Ese choque disputarase o venres 7 de marzo en Calafell (sede única) con horario por confirmar.
Os mesmos de Oliveira de Azeméis
Ningunha novidade haberá para Juan Copa na lista de Sant Just, posto que serán os mesmos que disputaron este xoves a novena xornada europea contra o Oliveirense. Viaxe directo desde Portugal ata Cataluña. Pablo Cancela continúa recuperándose da súa lesión de xeonllo, polo que todavía non pode ser da partida para o preparador do Liceo.
O grupo trasladuse a Cataluña directamente desde Portugal, onde disputou a súa xornada de Champions
Os dez xogadores que visitarán La Bonaigua serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 17 goles en OK Liga e 5 en Champions
- César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 8 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
As bazas do Sant Just
Fronte ó Liceo estará o Sant Just de Mia Ordeig, adestrador que xa vendeu cara a súa pel no duelo da primeira volta. Riazor viu como os tres puntos só quedaban na casa grazas a un solitario gol de Dava Torres (1-0). Varios meses despois, os cataláns atópanse actualmente na décima posición (cinco vitorias, dous empates e once derrotas), coa mirada posta nos seus perseguidores, os que intentan evitar o descenso.



O que visitou o Pazo pero xa non forma parte do plantel de Ordeig é o exliceísta Sito Ricart, que no mes de xaneiro deixou a práctica do hockey. A pesar desta baixa, o que será técnico local conta cun grupo de doce xogadores entre os que deberán sobresaír dez. A terna está entre os seguintes, con Joan Pujalte como un dos goleadores destacados do global da OK Liga:
- Elagi Deitg | Porteiro, dorsal 1
- Dídac Sánchez | Porteiro, 13
- Xavi Crespo | 2 | 10 goles
- Borja López | Capitán, 3
- Álex Joseph | 4 | 3 goles
- Xavi Burguillos | 7 | 4 goles
- Dalmau Corominas | 14
- Joan Pujalte | 33 | 16 goles
- Arnau Vidal | 37
- Guillem Bordanove | 66
- Iñaki Cabezas | 70 | 6 goles
- Gerard Miquel | 77 | 1 gol

