22 de febreiro de 2025
O Sant Just rescata ante o Liceo un empate nos últimos segundos do encontro.
Un punto por cabeza de sabor realmente agridoce. Así terminou para o Deportivo Liceo a visita a La Bonaigua, fogar do Sant Just, antes do parón da OK Liga; a regresar o 16 de marzo. Unhas táboas que todavía manteñen ós coruñeses como segundos, pero co partido pendente do Reus Deportiu, que en caso de vencer ó Caldes recuperará a posición.
Antes das malas novas, as boas. Xaus, empeñado en marcar goles sen parar, non faltou á cita. Tampouco este xoves en Champions. Só cinco minutos pasaron ata que o pichichi do Liceo superou a Elagi Deitg, erixido a pesar disto como un dos protagonistas do partido. Demostraríase pouco despois.
Toma y daca con la balanza para el Liceo
Este 0-1 parcial non evitou que tanto el como Martí Serra mostraran un rendemento de alto nivel, máis cando o partido trocou nun auténtico ida e volta. Durante aproximadamente un cuarto de hora de acción, puido anotar calquera.
O que logrou facelo foi César. O local Joan Pujalte cometeu un grave erro en saída de bóla e a acción terminou co 5 verdibranco fronte a Deitg, sendo o triunfo do duelo para o visitante (0-2). Corría o minuto 21 da metade inicial e o golpe foi duro, aínda que todavía restaban 29 minutos.
Continuismo e un empate in extremis
O segundo acto chegou da man dunha tarxeta azul para Iñaki Cabezas, a primeira das dúas que acabaría vendo. Arnau Xaus dirixiuse ó punto da directa e esta vez foi Deitg o triunfador. A superioridade temporal dos de Juan Copa tampouco trouxo o terceiro tanto, a pesar dos intentos.
O Sant Just anotou dous goles no último minuto e medio
Houbo paus e paradas en ambas porterías para que o marcador se mantivera con ese 0-2 parcial. O meta local salvaba ó Sant Just e Martí ós galegos. A igualdade campou e os dous se mereceron o tanto: uns para procurar pechar o partido e outros para achegarse a el, vítimas dunha derrota todavía con posibilidades de revertirse.
Rematou por ocorrer. Para desgraza do Liceo, Borja López acortou distancias tras unha xogada embarullada e cando só quedaba un minuto de xogo. Xa con cinco de pista, tras unha acción de mala fortuna, Gerard Miquel logrou o empate para delirio de La Bonaigua. Final, un punto para cada un e mente posta na Champions. Este xoves visitará Riazor o Trissino italiano (20:30h).
FICHA TÉCNICA
SANT JUST: Elagi Deitg; Xavi Crespo, Joan Pujalte, Iñaki Cabezas, Gerard Miquel (quinteto inicial), Borja López, Álex Joseph, Xavi Burguillos, Guillem Bordanove e Dídac Sánchez (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Raúl Burgos Manotas e Erik Rivas Martín. Mostraron tarxeta azul ó local Iñaki Cabezas en dúas ocasións. No Liceo viuna Bruno Saavedra.
GOLES: 0-1 (Arnau Xaus, min. 5). 0-2 (César Carballeira, min. 21). 1-2 (Borja López, min. 49). 2-2 (Gerard Miquel, min. 50).
INCIDENCIAS: Xornada 19 da OK Liga 24/25, Fase Regular. La Bonaigua (Sant Just).