1 de febreiro de 2025
O equipo celebra a recente vitoria europea. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo volverá a xogar en Riazor menos de tres días despois de recibir ó Valongo (domingo 2, 12:00h).
Nin tres días pasarán entre a vitoria do Liceo ante o Valongo e o choque co Vic. Ambos con Riazor como escenario para seguir esixíndolle o máximo ó equipo de Juan Copa. Regresa a Fase Regular da OK Liga na súa 16º data, unha que se xogará o domingo día 2 ás 12:00h.
Esta proba estará dirixida polos árbitros Rubén Fernández García e Lorenzo Bosch Sande, con Carlos Chouciño Fernández como auxiliar.
Continúa a esixencia física
A competición (ou competicións, en plural) pídelle aínda máis esforzo ó Liceo, que entrará en febreiro igual que acabou xaneiro e decembro: con multitude de choques entre semana. O último foi o mencionado contra a AD Valongo, con vitoria verdibranca tras un gran traballo. Precisamente, tralo duelo contra o Vic, haberá outro correspondente á WSE Champions League: será contra o Dinan Quévert francés e tamén co Pazo dos Deportes como testemuña (xoves 6, 20:30h).



En canto á competición doméstica, o Deportivo Liceo mantén a segunda posición da Fase Regular grazas ós seus 33 puntos acumulados. É un máis có Reus Deportiu (terceiro) e xa un total de 8 de vantaxe co Lleida (cuarto). A primeira praza é do Barcelona, que actualmente conta tódolos partidos por triunfos.
Tras esta xornada de OK Liga volverán os choques como visitante. Precisamente no Palau Blaugrana, pista do Barça (domingo 9, 16:00h).
Alta de Ferruccio
A gran nova para Juan Copa é o regreso do Tato Ferruccio, que ata agora permanecía no dique seco por unha pubalxia. O arxentino volverá a ser da partida para o adestrador coruñés, que a pesar de todo seguirá acusando a baixa grave de Pablo Cancela.
Polo tanto, a lista de dez xogadores que loitarán polos tres puntos será a seguinte:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 16 goles en OK Liga e 2 en Champions
- César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
Un recén ascendido que loita por manterse
O Vic, dirixido por Ramon Pardo, non está nunha situación clasificatoria positiva. Ocupa actualmente o posto 12 da táboa, o último que lle daría a oportunidade de salvar a categoría nun playout. Son 11 puntos sumados e chegará a Riazor co obxectivo de romper unha racha realmente complicada de catro derrotas seguidas. Algunha delas moi dura, como o 8-0 na pista do Lleida ou o 5-1 en casa do Calafell.
O Vic, a pesar da súa baixa clasificación, logrou vencer ó Liceo no duelo da primeira volta
Sen embargo, o Vic si foi capaz de ganarlle ó Liceo no duelo da primeira volta. Foi un 3-1 no que os goles de Gerard Rovira (2) e Oriol Ramírez superaron ó conseguido por César Carballeira. Un precedente do que estar moi atentos nesta loita por tres novos puntos.
Así as cousas, o Vic chegará a Galicia cos seguintes dez xogadores:
- Ernest Burgaya | Porteiro, dorsal 10
- Xavier Puigbí | Porteiro, 16
- Albert Benito | 5
- Oriol Vives | 6 | 3 goles
- Gerard Rovira | 7 | 6 goles
- Arnau Parcerisas | 8 | 2 goles
- Oriol Ramírez | Capitán, 13 | 5 goles
- Roger Font | 25 | 4 goles
- Carles Sánchez | 27 | 3 goles
- Víctor Crespo | 37 | 3 goles

