#LiceoVic | ENTRADAS para a xornada 16 da OK Liga 24/25

#LiceoVic | ENTRADAS para a xornada 16 da OK Liga 24/25

31 de xaneiro de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Vic o domingo 2 de febreiro ás 12:00h. Como sempre, con entradas de público xeral á venda por 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

O hockey regresa ó Pazo dos Deportes de Riazor só tres días despois do último partido. Esta vez o Liceo recibirá ó Vic no que significará a 16º xornada da OK Liga (Fase Regular), unha na que volverá haber pases a prezos populares (7€) para o público xeral. O choque será este domingo día 2 de febreiro ás 12:00h.

As entradas xa están á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase será o mesmo independientemente da forma na que se merque.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario