18 de xaneiro de 2025
Lance de César no duelo da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
A Fase Regular da competición comeza o seu acto decisivo coa visita do Liceo a Alcoi.
Trece xornadas disputadas e outras trece pendentes. Para o Deportivo Liceo a primeira da segunda volta será no Polideportivo Francisco Laporta, fogar dun Alcoi caracterizado pola súa fortaleza como local. Un encontro que se xogará o sábado ás 19:30h con retransmisión gratis e en directo grazas a OK Liga TV (canle de YouTube).
Os árbitros Josep Antoni Ribó Navarro e Raúl Burgos Manotas, con Marc López como auxiliar, serán os encargados de impartir xustiza na pista alicantina.
Semana de gran esixencia
Esta será unha proba que esixa todavía máis ós homes de Juan Copa desde o punto de vista físico. Non é a primeira vez que disputan unha xornada ligueira tras patinar o xoves na WSE Champions League, pero nunca antes con tan pouco tempo de recuperación. Serán menos de 48 horas de descanso, con viaxe por carretera incluido, desde que o Liceo caeu derrotado o xoves na pista do Benfica.
Non pasarán 48 horas entre o duelo en Lisboa e o que se xogará no Francisco Laporta
Sexa como sexa, o obxectivo dos verdibrancos continuará sendo o mesmo: rematar a Fase Regular no posto máis alto posible. Actualmente son segundos con 27 puntos, un e cinco de diferenza co Reus e o Lleida. Clasificados ademáis para a Copa do Rei como cabezas de serie, a celebrarse no próximo mes de marzo.
Lista de nove
As lesións de Pablo Cancela e Tato Ferruccio, un convalecente desde verán e outro desde decembro, son outro factor que obliga ós de Copa a sacar o mellor de si mesmos. O equipo que loitará en Alcoi por un novo triunfo será o mesmo que o fixo en Lisboa fai escasas horas.
O preparador coruñés chegará a Alcoi cunha lista formada por nove xogadores:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 14 goles en OK Liga e 1 en Champions
- César Carballeira | 5 | 8 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 3 en Champions
Son tamén os mesmos responsables da vitoria lograda en Voltregà por un gol a tres, que pechou a primeira volta da mencionada Fase Regular. Xaus, César e Nil foron os goleadores.
Ante o quinto clasificado
O equipo comandado por Lorenzo Pastor segue dando guerra un ano máis. Traballo silencioso pero que volve colocar ós valenciáns na zona nobre da OK Liga. Concretamente no seu quinto posto con 21 unidades acumuladas, 35 goles a favor e 32 en contra. Un cadro que rentabiliza realmente ben as dianas.


Estrana foi nese sentido a súa vitoria recente ante o Lleida nun partido que tamén se xogou no Francisco Laporta. Endosoulle cinco ós cataláns.
Os homes que buscarán derrotar ó Deportivo Liceo serán os seguintes:
- Marc Grau ‘Guiri’ | Porteiro, dorsal 1
- Joan Oltra | Porteiro, 10
- Ferran Formatjé | 2 | 2 goles
- Álvaro Osorio | 3
- Pablo del Río | 4 | 5 goles
- Agustín Domínguez | 5 | 4 goles
- Joan Pascual | 6 | 4 goles
- Gonzalo Pérez | 7 | 6 goles
- Manel Hernández | 8 | 7 goles
- Franco ‘Caco’ Ceschin | 9 | 7 goles
O precedente da primeira volta, sen embargo, tivo cor verdibranca. Non sen esforzo, iso si. O Liceo foi o gañador do duelo celebrado no Pazo dos Deportes, aínda que por un axustado 2-1 (tantos de Arnau Xaus e Fabri Ciocale).