3 de xaneiro de 2025
Os xogadores celebran a última vitoria ante o Caldes, a sexta seguida en Liga. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo recibirá en Riazor ó Reus nun duelo de altura que agarda a presenza de miles de liceístas (sábado 4, 13:00h).
O aninovo xa está aquí e chega con máis hockey de máximo nivel. Deportivo Liceo e Reus enfrontaranse no Pazo dos Deportes de Riazor (sábado, 13:00h) nun partido entre, respectivamente, o segundo e o terceiro clasificados da OK Liga. Será o penúltimo compromiso da primeira volta de Fase Regular, un nomeado como Día do Abonado e que reunirá a milleiros de liceístas na casa do Club.
Todo dentro dun choque dirixido na pista polos árbitros Miguel Díaz Cosme e Albert Barba Gómez-Álvarez, con Lorenzo Bosch Sande como auxiliar.
Regreso intenso
O equipo de Juan Copa, segundo na competición doméstica con 24 puntos, empezará a acción de 2025 coa maior das esixencias. Remata o punto e aparte e regresan os partidos ó mesmo ritmo co que acabaron 2024: con probas intersemanais.
O xoves 9 volverá a acción europea coa visita a Riazor do Benfica
Trala finalización da visita do Reus, o Liceo volverá ó Pazo o xoves 9 para recibir ó Benfica. Será a quinta data da WSE Champions League, cuxa Fase de Grupos durará ata dez e que actualmente ten ós verdibrancos como cuartos no Grupo B (a última praza que dá pase ós Cuartos de Final).
Tres días despois (domingo 12) xogarase de novo a OK Liga, que neste caso servirá para pechar a primeira volta da Fase Regular. Será ante o Voltregà no Pavelló Municipal d’Esports Riera Seca, dentro da localidade de Mollet del Vallés.
Lista con baixas e altas
Para loitar polos tres puntos ante o Reus, Juan Copa non poderá contar este sábado con Pablo Cancela (baixa desde verán) nin co Tato Ferruccio. O xogador arxentino, aqueixado dunha pubalxia, permanecerá en fase de recuperación durante varias semanas máis.
A convocatoria inclúe por este motivo a Jaime Méndez, xogador Junior que xa entrou en varias listas durante o curso 23/24. A do choque de mañá será a seguinte:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 13 goles en OK Liga e 1 en Champions, pichichi actual do Liceo
- César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 2 goles en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Jaime Méndez | 78
Un rival de categoría
O Reus Deportiu de Jordi García, histórico absoluto do hockey nacional, é un dos equipos máis en forma da actual tempada. Tanto na OK Liga como na WSE Champions League ocupa o terceiro posto. Parte da responsabilidade destes resultados positivos é para homes de contrastada calidade como Martí Casas, Marc Julià ou Joan Salvat, os tres principais realizadores do conxunto vermello e negro.



En canto a novidades de convocatoria, xa non forma parte do equipo o exliceísta Arnau Canal, nova incorporación do Voltregà. Presumiblemente viaxará a Galicia o canteirán Carles Casas, participante xa en dous encontros ligueiros.
A lista de Jordi García será a seguinte:
- Càndid Ballart | Porteiro, dorsal 1
- Nil Viña | Porteiro, 94
- Ferran Giménez | 3
- Joan Salvat | Capitán, 5 | 6 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Maxi Oruste | 8 | 6 goles en OK Liga
- Marc Julià | 15 | 5 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Martí Casas | 18 | 9 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Diego Rojas | 19 | 2 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Carles Casas | 27
- Guillem Jansà | 33 | 1 gol en OK Liga e 1 en Champions

