#LiceoReus | ENTRADAS para a xornada 12 da OK Liga 24/25

#LiceoReus | ENTRADAS para a xornada 12 da OK Liga 24/25

31 de decembro de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Reus o sábado 4 de xaneiro ás 13:00h, con entradas de público xeral á venda por 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

2025 chega con hockey. Deportivo Liceo e Reus atoparanse en Riazor este sábado 4 ás 13:00h, un partido que fará avanzar máis a OK Liga 24/25 na súa Fase Regular. Para iso, e aínda que terá lugar o Día do Abonado, tamén se poñerán á venda entradas para público xeral.

Poderanse adquirir de dous xeitos: online mediante a plataforma Cluber e presencial nas taquillas do Pazo dos Deportes. Abrirán unha hora antes do encontro (12:00h).

Socios e abonados gratis

Ademáis do Día do Abonado, coas súas anunciadas promocións, os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€. Nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio aínda podes sumarte ó Deportivo Liceo 24/25: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa:

Deixa un comentario