PREVIA OK LIGA 24/25 (X11) | Vilafranca para despedir 2024

PREVIA OK LIGA 24/25 (X11) | Vilafranca para despedir 2024

14 de decembro de 2024


O Deportivo Liceo afrontará este domingo o seu último compromiso do ano natural (12:30h).

2024 vai rematar, sempre en termos de hockey, na Poliesportiva de Vilafranca. O Deportivo Liceo de Juan Copa afrontará este domingo ás 12:30h a undécima data da Fase Regular, a que poñerá un punto e aparte que non se retomará ata xaneiro.

Este novo partido en Cataluña estará dirixido por Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez, con Pablo Nicieza Elosegui como auxiliar. Estará, coma sempre, retransmitido en directo e de balde mediante a canle de YouTube de OK LIGA TV.

Paréntese ata o 4 de xaneiro

Este esixente calendario dará un pequeno respiro de cariz navideño unha vez o domingo se clausure a acción. Desde o 16 de decembro, un día despois do duelo en Vilafranca, o hockey permitirá descansar ó Liceo en canto a partidos ata o 4 de xaneiro de 2025. Será o momento no que o Reus Deportiu visite o Pazo dos Deportes de Riazor.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A viaxe á Poliesportiva terá lugar só dous días despois da realizada ata a portuguesa localidade de Valongo, onde os verdibrancos empataron nunha nova proba de Champions.

Antes, os de Juan Copa lograban unha contundente vitoria ante o Caldes (7-2) para sumar cinco seguidas na competición doméstica. Unha racha que actualmente coloca ó equipo na terceira posición con 21 puntos, só un menos que o mencionado Reus (segundo clasificado).

Sen novidades na expedición

Salvo novidades negativas de última hora, o míster Juan Copa viaxará por última vez neste 2024 cos mesmos xogadores que conforman habitualmente as listas. Permanece de baixa Pablo Cancela debido á súa coñecida lesión de ligamento cruzado.

Os dez homes que loitarán por tres novos puntos en Vilafranca serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 12 goles en OK Liga e 1 en Champions, pichichi do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 6 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 2 goles en OK Liga
  • Dava Torres | 8 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 2 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions

Contra un recén ascendido en mala dinámica

O Vilafranca de Guillem Pérez recibirá ó Liceo nunha posición negativa. É o equipo que actualmente pecha a clasificación debido ós seus seis puntos sumados en 10 partidos, froito dunha vitoria, tres empates e seis derrotas. Volverán á Poliesportiva, ademáis, despois de sufrir un duro correctivo por 7-1 na pista do Lleida.

Imaxe: CP Vilafranca.

Coa obriga de realizar un descarte, a lista de xogadores que loitarán por vencer ó Liceo sairá dos seguintes once:

  • Pol Ferrer | Porteiro, dorsal 43
  • Jesús Fernández | Porteiro, 82
  • Roger Martí | 6 | 4 goles
  • Joan Vázquez | Capitán, 7 | 4 goles
  • Arnau Ribas | 8
  • Bernat Yeste | 9 | 4 goles
  • Pablo Gómez | 16
  • Marc Palau | 26
  • Roger Monserrat | 34 | 3 goles
  • Roger Perales | 44 | 1 gol
  • Sergi Torné | 66 | 5 goles

Deixa un comentario