PREVIA OK LIGA 23/24 (X3) | Remontar o voo

PREVIA OK LIGA 23/24 (X3) | Remontar o voo

14 de outubro de 2023


O Deportivo Liceo recibirá hoxe en Riazor ó recén ascendido Rivas co obxectivo de recuperarse da derrota en Calafell (17:00h).

Chega a terceira xornada da OK Liga 23/24 e faino cunha oportunidade para recuperarse. O Deportivo Liceo, coa derrota en Calafell xa no pasado, recibirá este sábado ó Hockey Rivas para loitar por un novo triunfo en casa (17:00h, Hockey Global).

O cadro de Juan Copa volverá ó Pazo dos Deportes de Riazor despois do seu debut vitorioso fronte ó Igualada. Venceu ó equipo catalán por 6-1 grazas a, entre outras cousas, un hat trick de debut para Pablo Cancela. Unha semana despois, a primeira proba a domicilio rematou cun traspés no Joan Ortoll de Calafell (3-2).

Partido previo a dos visitas consecutivas

A pesar do carácter anecdótico da clasificación despois de tan só dúas datas, o Deportivo Liceo ocupa actualmente a quinta posición con tres puntos sobre seis posibles. Só dous equipos lograron o pleno: Barça e Noia.

Tras este partido, o Liceo viaxará a Sant Just e a Mataró

O terceiro clasificado é o recén ascendido Sant Just, poseedor de catro unidades. Será precisamente o rival do Liceo na cuarta xornada, a primeira de dúas saídas consecutivas para os verdibrancos: o 21 de outubro visitarán La Bonaigua e o 28 farán o mesmo en Mataró.

As xornadas 3, 4 e 5 desta OK Liga disputaranse curiosamente contra os tres equipos chegados este curso desde a OK Prata.

Lista de nove xogadores

Juan Copa todavía non está en condicións de contar con Bruno Saavedra, aínda convalecente dunha lesión de escafoides. Permanecerá apartado das pistas durante varias semanas para afrontar da mellor forma a súa fase de recuperación.

Polo tanto, a convocatoria estará composta por un total de nove xogadores:

  • Martí Serra | Porteiro, 1
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 1 gol
  • Tomás Pereira | 4
  • César Carballeira | 5 | 2 goles
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 1 gol
  • Fabri Ciocale | 9
  • Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 1 gol
  • Pablo Cancela | 74 | 3 goles

Un recén ascendido cheo de xuventude

O Hockey Rivas de Carlos Cortijo é un dos tres novos equipos da presente OK Liga e, desde logo, caracterízase pola xuventude e a ilusión.

O xogador de máis idade do cadro madrileño é Curro Fernández, de tan só 28 anos. A partir dese punto, tódolos integrantes do plantel móvense entre os 20 e os 23. Todo iso cun inicio de tempada non precisamente malo: unha vitoria a domicilio (3-5 en Mataró) e unha derrota (2-3 fronte ó Sant Just).

O grupo completo dirixido por Cortijo é o seguinte:

  • Marc Castañer | Porteiro, 1
  • Jorge Nájera | Porteiro, 10
  • Alex Joseph | 4
  • Gerard Escolà | 7 | 1 gol
  • Sergi García | 8
  • Bernat Yeste | 9 | 1 gol
  • Sergio Martín | 30 | 2 goles
  • Curro Fernández | 57
  • Miguel Cañadillas | 67 | 3 goles
  • Adrián Pos | 95

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (16:00h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións:

Deixa un comentario