ISB SPORT BEARINGS, novo patrocinador de Pablo Cancela

ISB SPORT BEARINGS, novo patrocinador de Pablo Cancela

10 de outubro de 2023


O líder en rodamentos deportivos camiñará da man do dorsal 74 liceísta.

Resistencia, Rendemento e Resultado son tres das palabras chave de ISB SPORT BEARINGS, líder en rodamentos deportivos e compoñentes grazas a unha experiencia de varias décadas. O Deportivo Liceo conta coa fortuna de camiñar ó lado deste compañeiro de viaxe, que a partir de hoxe tamén patrocinará a Pablo Cancela.

O Grupo ISB está presente no mercado desde 1981, con sede en Italia. Ese é o centro estratéxico dunha ampla rede de distribuidores e centros de fabricación, estes últimos en constante colaboración cos departamentos internos de I+D e Calidade. Dentro das divisións do Grupo ISB, ISB Sport é a adicada a rodamentos e compoñentes especialmente deseñados para aplicacións deportivas; unha marca que sempre apoiou ó Liceo nos últimos anos.

Moitas grazas por acompañarnos nun novo e ilusionante curso 23/24!

Deixa un comentario