PREVIA OK LIGA 23/24 (X26) | Último paso antes da loita definitiva

PREVIA OK LIGA 23/24 (X26) | Último paso antes da loita definitiva

4 de maio de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo (3º) e o Noia (2º) enfrontaranse en Riazor sen nada en xogo, aínda que co obxectivo de prepararse para o playoff polo título.

Riazor vivirá o domingo o peche desta Fase Regular. Aínda que sen nada en xogo clasificatoriamente falando, o Deportivo Liceo e o Noia Freixenet sairán á pista do Pazo dos Deportes (12:00h) coa meta de prepararse o mellor posible para o que se achega: o playoff polo título da OK Liga.

Este encontro entre o terceiro e o segundo posicionado estará arbitrado por Alberto Pérez Pérez e Luis Mier Sánchez, con Daniel Villar Costa como auxiliar. Os Liceístas que desexen acudir ó Pazo a vivilo en directo poderán facelo por tan só 5€ cada pase, sendo o acceso de balde para os socios do club e os abonados provintes do Real Club Deportivo.

Última xornada co terceiro posto matemático baixo o brazo

A xornada semiunificada do domingo ás 12:00h incluirá o choque entre galegos e cataláns a pesar de que xa non se xoguen nada clasificatoriamente. O asubío final deste partido significará a clausura da Fase Regular de OK Liga. Tamén o comezo da previa do esperado playoff polo título.

Esta fase definitiva da competición empezará a fin de semana do 18 de maio, quedando a do 11 libre de partidos.

O equipo de Juan Copa será cabeza de serie no playoff e contará con factor pista nos cuartos de final

A terceira praza do Deportivo Liceo significará que xogará como cabeza de serie, asegurando os cuartos de final (ó mellor de tres) con dous partidos en Riazor. En caso de seguir avanzando, as semifinais e as finais xogaranse ó mellor de cinco. Contará con factor pista o mellor clasificado dos rivais de cada eliminatoria.

O Liceo xogará nos cuartos contra o sexto clasificado e os horarios do playoff coñeceranse unha vez queden aclarados os cruces.

Continúa a baixa do capitán

Aínda que coa vantaxe de non xogarse nada en canto a táboa, Juan Copa seguirá sen poder contar coa presenza de Dava Torres. O capitán todavía continúa convalecente das molestias de nocello sufridas fai varias semanas.

Esta ausencia e o xa consumadísimo regreso de Bruno Saavedra non impedirán que o técnico coruñés poida contar cunha convocatoria completa de dez xogadores. Recibirán ó Noia os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 8 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
  • Tomás Pereira | 4 | 5 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | Capitán, 26 goles en OK Liga, pichichi do Deportivo Liceo
  • Fabri Ciocale | 9 | 7 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • Bruno Saavedra | 13 | 2 goles en OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 5 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
  • Guido Pellizzari | 54 | 1 gol en OK Liga
  • Pablo Cancela | 74 | 11 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League

Un Noia que loitará por todo no playoff

Pouco se pode descubrir do Noia, club histórico do hockey sobre patíns nacional. A súa segunda praza matemática nesta Fase Regular rebaixará o número de asuntos en xogo do próximo domingo, aínda que o equipo dirixido por Pere Varias será un dos grandes candidatos para loitar polo entorchado.

Os mimbres demostrados durante os 25 partidos ligueiros anteriores non son anecdóticos. O segundo posto na clasificación coincide co que ten en dúas estatísticas máis: a dos goles a favor (90) e a dos encaixados (62). Esta última métrica está compartida precisamente co Deportivo Liceo.

Coa aventura europea na WSE Cup xa terminada, o Noia conta cun plantel de gol realmente repartido. Ata seis xogadores superan o dobre díxito en dianas anotadas:

  • Blai Roca | Porteiro, dorsal 20
  • Jan Marimon | Porteiro, 89
  • Aleix Esteller | Capitán, 4 | 11 goles en OK Liga e 1 na WSE Cup
  • Xavi Costa | 6 | 15 goles en OK Liga e 1 na WSE Cup
  • Toni Salvadó | 8 | 8 goles en OK Liga e 1 na WSE Cup
  • Jordi Bargalló | 9 | 11 goles en OK Liga
  • Martí Gabarró | 27 | 13 goles en OK Liga e 1 na WSE Cup
  • Humberto Mendes | 32 | 5 goles en OK Liga
  • Xavi Rovira | 74 | 15 goles en OK Liga
  • Iván Morales | 97 | 12 goles en OK Liga e 1 na WSE Cup

O encontro da primeira volta non deixou boas novas para o Liceo, pois rematou en derrota por 3-1. Os goleadores locais foron Xavi Rovira (x2) e Aleix Esteller, mentres que polos verdibrancos anotou Dava Torres.

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario