PREVIA OK LIGA 23/24 (X16) | Viaxe a Madrid para buscar o triunfo

PREVIA OK LIGA 23/24 (X16) | Viaxe a Madrid para buscar o triunfo

27 de xaneiro de 2024


O Deportivo Liceo visitará o Cerro do Telégrafo, onde agardará un Hockey Rivas en boa forma (domingo 28, 12:30h).

Champions entre semana e OK Liga moi poucos días despois. O Deportivo Liceo terá este domingo unha nova oportunidade para sumar de tres na competición doméstica. Esta vez non o levará a terras catalás, senón a Madrid, onde agarda o recentemente ascendido Hockey Rivas (12:30h). O Polideportivo Cerro do Telégrafo será o escenario da 16ª xornada ligueira.

Este partido estará dirixido polos colexiados Jordi Reverter García e Albert Barba Gómez-Álvarez, con David González Martín como auxiliar. Como sempre, poderase seguir en directo e de balde grazas ó streaming que emitirá OK Liga TV (canle de YouTube)

Unha OK Liga de igualdade máxima

Para o Liceo non só serían tres puntos de gran importancia en canto a dinámica, senón tamén na clasificación. Os homes dirixidos por Juan Copa están inmersos na OK Liga máis comprimida dos últimos anos. Tan só catro unidades separan ó terceiro clasificado (Calafell) do primeiro equipo que xogaría a promoción por non descender (Caldes).

O Deportivo Liceo levou o encontro da primeira volta cun contundente 8-2. IMAXE: MANU BOUTUREIRA.

Os verdibrancos ocupan agora mesmo a sexta praza con 20 puntos, a un só partido de ser cabeza de serie nun hipotético playoff polo título. Buscará tamén recuperar o sabor da vitoria despois de que esta se lle resista desde antes do parón navideño. A última chegou naquel 2-1 ante o Alcoi do 9 de decembro. Desde entón caeu derrotado en Noia (3-1)empatou contra Igualada (5-5)Calafell (4-4).

Clasificación completa da OK Liga 23/24

Lista sen novidades

Juan Copa viaxará á capital de España cos mesmos homes que conforman as últimas convocatorias liceístas. Continúa sendo baixa Bruno Saavedra, convalecente desde principios de tempada por unha lesión de escafoides.

Os dez xogadores da lista son os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 6 goles en OK Liga e 3 en WSE Champions League
  • Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 en WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | 16 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 10 goles en OK Liga e 2 en WSE Champions League
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga e 1 en WSE Champions League
  • Guido Pellizzari | 54
  • Pablo Cancela | 74 | 8 goles en OK Liga e 2 en WSE Champions League

Un recén ascendido coa flechiña para arriba

O equipo de Carlos Cortijo, un dos ascendidos para a actual tempada 23/24, atópase sen dúbida no mellor momento do curso. As súas últimas catro xornadas résumense nun empate e tres triunfos consecutivos que buscarán ampliar contra o Deportivo Liceo: 3-5 na pista do Calafell, 5-4 no Cerro contra o Mataró e 2-3 na casa da revelación Sant Just.

Un despertar que aínda mantén ó Hockey Rivas en postos de descenso directo, pero a unha distancia moito menor da salvación. Conta con 14 puntos sumados, só tres menos que a segunda praza de playout cando hai tan só un mes rozaba os dez.

O encontro entre ambos da primeira volta deixou a un Liceo superior que venceu por 8-2, no que é a vitoria máis abultada dos de Juan Copa ata o momento. Os goleadores foron Fabri Ciocale (x3), Pablo Cancela (x2), César Carballeira (x2) e Tomás Pereira.

Os xogadores dirixidos por Cortijo, e encargados de buscar o cuarto triunfo seguido, son os seguintes:

  • Marc Castañer | Porteiro, dorsal 1
  • Jorge Nájera | Porteiro, dorsal 10
  • Àlex Joseph | 4 | 4 goles
  • Gerard Escolà | 7 | 3 goles
  • Sergi García | 8
  • Bernat Yeste | 9 | 11 goles
  • Sergio Martín | 30 | 6 goles
  • Curro Fernández | 57 | 3 goles
  • Miguel Cañadillas | 67 | 9 goles
  • Adrián Pos | 95 | 2 goles

Deixa un comentario