CRÓNICA OK LIGA (X12) | Ambición con premio (2-1)

CRÓNICA OK LIGA (X12) | Ambición con premio (2-1)

9 de decembro de 2023


O Deportivo Liceo regresa á senda da vitoria despois de superar en Riazor ó PAS Alcoi. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Regresaron (por Nadal) as grandes novas á casa do Deportivo Liceo. O equipo de Juan Copa, anfitrión en Riazor do PAS Alcoi, triunfou nun partido marcado pola ambición e a presión ben levada.

Tres novos puntos para cortar a racha negativa recente e para acumular un total de 18, útiles de momento para colocarse no quinto posto da OK Liga. A disputa do resto da xornada determinará a importancia engadida da próxima visita a Noia, que trala parada navideña pechará a primeira volta de competición e as prazas para a Copa do Rei.

Ambición e serenidade

Poucos peros se lle puideron achacar á primeira metade do Deportivo Liceo, sabedor da importancia dos puntos pero non presionado. Tampouco agarrotado. Entrou na pista con ambición e atopou premio ós dous minutos de xogo. Sito Ricart, cun potente disparo cruzado, superou ó porteiro Marc Grau e colocou o 1-0 inicial.

Un Liceo ambicioso atopou o 1-0 ós dos minutos de partido

Pouco tardou Lorenzo Pastor, técnico visitante, en parar o partido cun tempo morto. A superioridade verdibranca era clara. O Alcoi gozou de oportunidades que detivo un bo Martí Serra, pero o práctico monopolio da parte inicial foi para os xogadores de Juan Copa.

Fran Torres rozou o 2-0 no minuto 10 tras un man a man que golpeou no longueiro, pero Tomás Pereira logrouno. Avanzou pola dereita superando ós seus rivais e atopou un burato na rede defendida polo porteiro do Alcoi. O descanso chegou co Liceo buscando o terceiro coas mesmas ganas.

Reacción insuficiente do Alcoi

De volta á pista, os visitantes demostrou mellor a razón pola que chegaba a Riazor con tres triunfos consecutivos no peto. Os segundos 25 minutos deixaron máis achegamentos perigosos á portería de Martí Serra, que continuou o seu gran partido. A máis clara foi de Javier Verdú, incapaz de transformar no 2-1 un pase da morte de Kyllian Gil.

O Alcoi acurtou distancias de penalti no minuto 48

A súa insistencia atopou froitos. Un penalti a favor no minuto 48 permitiu a Gonzalo Pérez acurtar distancias. Achegábase un asedio para o que o Deportivo Liceo se preparou con cautela. Neutralizou os ataques rivais realizados con cinco de pista e coa posesión da bóla foi máis que intelixente. O asubío finalmente apareceu e oficializou a alegría.

O Deportivo Liceo pecha así a OK Liga do ano natural 2023, pero aínda terá que loitar nunha última proba: a da segunda xornada de WSE Champions League. O OC Barcelos visitará Riazor o próximo xoves 14 (20:30h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, César Carballeira, Fabri Ciocale, Pablo Cancela (quinteto inicial), Tomás Pereira, Fran Torres, Guido Pellizzari, Jaime Méndez y Tiago Rodrigues (meta suplente).

ALCOI: Marc Grau; Sergi Canet, Agustín Domínguez, Gonzalo Pérez, Franco Ceschin (quinteto inicial), Kyllian Gil, Javier Verdú, Manel Hernández y Joan Oltra (meta suplente).

ÁRBITROS: Álvaro de la Hera Jáudenes y David Cantos Bonales. Sin tarjetas.

GOLES: 1-0 (Sito Ricart, min. 2). 2-0 (Tomás Pereira, min. 13). 2-1 (Gonzalo Pérez, min. 48).

OK Liga 23/24. Jornada 12 de la Fase Regular. Palacio de los Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario