PREVIA OK LIGA (X11) | O hockey, en segundo plano

PREVIA OK LIGA (X11) | O hockey, en segundo plano

Co estrictamente competitivo a un lado, o Deportivo Liceo e o Caldes procurarán este sábado (18:00h) homenaxear o mellor posible a imaxe do malogrado Alexandre Acsensi. Un partido de triste fondo que, aínda así, procurará dignificar a súa figura.

Clasificatoriamente, esta 11º xornada de OK Liga collerá ó equipo verdibranco na segunda posición (21 puntos) e ó catalán na sexta (17). O cadro de Eduard Candami, cabe lembrar, conta cunha data disputada menos ó suspenderse o seu recente choque intersemanal por razóns obvias.

No Deportivo Liceo, sen contar este, só quedará un para poñer fin ó hockey no ano natural 2022: a vindeira visita a Vilafranca (sábado 17, 19:30h). A OK Liga volverá o 8 de xaneiro do novo 2023.

Sito Ricart continúa de baixa

A única ausencia do conxunto de Juan Copa será novamente o dorsal número 2 e excompañeiro de Acsensi. O agora liceísta todavía non se atopa en condicións de competir. Tal e como ocorreu na visita a Igualada, Fran Torres ‘Tombita’ entra na convocatoria para suplilo.

Si estará o resto do plantel: Martí Serra, Mati Bridge, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Àlex Rodríguez.

Entradas a 5€ para público xeral

O Deportivo Liceo, como é norma, volverá a vender entradas a prezos totalmente populares.

O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de Cluber. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder entrar.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets.

Para rematar, os nenos e nenas que cumpran calquera das seguintes condicións poderán asistir ó choque de xeito gratuito, tal e como vén ocorrendo co resto de partidos de OK Liga e obedecendo á nova política do club.

  • Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
  • Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Tan só deberán acudir ó Pazo coa roupa do centro.
  • Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.

Deixa un comentario