Previa: Igualada-DeportivoLiceo

Previa: Igualada-DeportivoLiceo

Un auténtico partidazo. Iso é o que disputarán mañá Igualada e DeportivoLiceo, dous conxuntos que afrontan o choque desde o máis alto da táboa tras vencer todos os encontros que xogaron no que vai de campionato.


Co obxectivo de defender o seu liderado, os liceístas deberán facer fronte, ademais da o potente rival que terán sobre a pista, ao ‘factor cansazo’, tendo en conta que na última semana tiveron que afrontar o duro envite ante o Forte dei Marmi en terras transalpinas, a visita do Lleida, o mércores pola noite, e agora o Igualada.

Con só un adestramento para preparar a cita de mañá tras descansar o xoves, os de Copa, que parten mañá ás 7 da mañá en avión cara a terras catalás, terán a dúbida de Roberto dei Benedetto, que sufriu un golpe moi forte no seu nocello durante o último partido de Liga xogado en Riazor.

Pola súa banda, no bando do Igualada, Roger Bars, autor de catro goles esta tempada, non estará ao dispor do seu técnico, Francesc Linares, tras sufrir unha fractura na mandíbula, que lle terá de baixa un par de semanas.

Jornada 6 OKLIGA

Día: Sábado, 26 de outubro

Hora: 20.45 horas

Pavillón: Les Comes

Colexiados: Miguel Díaz-Alberto López

Declaracións Juan Copa: “Imos a unha pista complicada, ante un rival que leva as mesmas vitorias que nós, por tanto, máximo respecto. Diante teremos un equipo que está a atopar o gol con moita facilidade, creo que é o máximo anotador da liga, cun xogador como Jordi Méndez (12 goles en Liga) que está nun estado de graza. Manteñen a base do equipo da tempada pasada, cando fixeron unha gran liga. Será un partido difícil, nós tamén chegamos ben, un pouco cansos desta semana pola dobre xornada, coa viaxe incluído, pero coa intención de seguir sumando”.

Deja un comentario