Premios de tempada para Juan Copa, Di Benedetto, Carles Grau e Dava Torres

Os tres primeiros foron nomeados pola RFEP como mellor adestrador, MVP e mellor gardarredes. O capitán liceísta tamén forma parte do quinteto inicial xunto a Carles e Di Benedetto.

A tempada dos campións de OK Liga contou co debido recoñecemento da Real Federación Española de Patinaxe. O organismo, trala deliberación do seu xurado, decidiu premiar a catro integrantes do Deportivo Liceo: Juan Copa, Carles Grau, Roberto Di Benedetto e Dava Torres.

O adestrador máis valioso para a RFEP foi o verdibranco, mentres que o meta catalán gaña o premio Carles Trullols.

O francés Di Benedetto foi nomeado MVP da OK Liga 22/23. Os seus 17 goles e 20 asistencias axudaron ó Deportivo Liceo a alzarse co título de campión. Dava Torres, gran capitán do equipo, tamén foi incluido no quinteto inicial que completan o barcelonista Pau Bargalló, o reusense Marc Julià e os propios Di Benedetto e Grau.

Os premios entregaranse durante a presentación da OK Liga 22/23, a celebrar o vindeiro mes de setembro.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario