#EngánchateÓLiceo | Prezos especiais para a campaña de abonos 22/23

Ata o venres 8 de xullo, adquiriranse vía online e existirán tres tipos de carnet: individual, familiar e protector.

A gloria é máis fácil de alcanzar con milleiros de afeccionados detrás. Ese apoio pódese materializar desde xa en forma de abono para o curso 22/23, no que o Deportivo Liceo buscará revalidar o seu título de OK Liga.

Desde este momento e ata o venres 8 de xullo, tódolos liceístas poderán renovar o seu carnet ou darse de alta a prezos especiais. Unha oportunidade de ouro para vivir o mellor hockey do mundo.

Existirán tres posibilidades de carnet para as persoas que se unan á Familia Liceísta. Permitirán ver os partidos de tódolos equipos do club:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Contará cun prezo de 30€ e, naturalmente, será válido para toda a tempada.
  • SOCIO FAMILIAR: Terá un importe de 60€ e será válido para un número máximo de 4 SOCIOS integrantes da mesma familia. É dicir, cada carnet tería un prezo de 15€.
  • SOCIO PROTECTOR: Terá un importe de 150€. Será válido para un número máximo de 6 SOCIOS, sexan ou non integrantes da mesma familia.

As xestións realizaranse a través da seguinte ligazón de CLUBER:

https://bit.ly/3O9z7q6

Lembra: #EngánchateÓLiceo e súmate a un apaixoante curso!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario