Peche de tempada na OK Prata Masculina

Peche de tempada na OK Prata Masculina

A OK Prata Masculina chegará á súa fin o sábado 8 de maio, polo menos para o filial do Deportivo Liceo. Ás 20:00h, media hora despois do comezo do choque do primeiro equipo ante o Caldes, o cadro dirixido por Stanis García recibirá ó PHC Sant Cugat sen nada en xogo para ambos en canto a obxectivos.

A motivación para o conxunto verdibranco será mellorar a súa sexta posición actual, da que xa non pode baixar grazas ós seus 32 puntos (oito máis có Tordera). Dadas as circunstancias podería convertirse nunha quinta. Para iso, deberá vencer e que o SHUM Frit Ravich perda contra o Vilafranca, segundo clasificado que todavía ten opcións de ascenso directo.

Pola súa parte, o Sant Cugat (cuarta posición, 39 puntos) todavía podería subir a unha terceira praza que tampouco lle daría chances de promoción á OK Liga. Gran parte delas desapareceron na xornada anterior, debido á súa contundente derrota (2-7) contra o Compañía de María.

Deixa un comentario