O Deportivo Liceo xa coñece ós seus rivais da Liga Europea 20/21

O Deportivo Liceo xa coñece ós seus rivais da Liga Europea 20/21

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Juan Copa e os seus xogadores xa son sabedores dos obstáculos que terán que superar na Liga Europea. A competición continental, modificada de forma obrigada pola situación mundial de pandemia, enfrontará ó Deportivo Liceo co Barcelona (9 de abril) e o Benfica (10 de abril) na súa primeira fase. Esta terá lugar nunha sede única aínda sen determinar. Decidiuse, mediante sorteo, nun acto celebrado nas instalacións da Federación Portuguesa de Patinaxe.

Na readaptada Liga Europea participarán un total de nove equipos, que se dividirán en tres grupos de tres. Os campións das divisións, xunto ó mellor segundo clasificado, disputarán unha Final Four os días 15 e 16 de maio.

Estes son os tres grupos sorteados para a disputa da fase inicial:

GRUPO A

-FC Porto.

-CE Noia.

-OC Barcelos.

GRUPO B

-Sporting Clube de Portugal.

-Reus Deportiu.

-UD Oliveirense.

GRUPO C

-FC Barcelona.

-Deportivo Liceo.

-SL Benfica.

Deixa un comentario