Entradas dispoñibles para a visita do Lloret

O Pazo dos Deportes poderá albergar ata 250 persoas no partido que terá lugar o sábado 6 de marzo (19:30h).

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O regreso dos espectadores ós recintos deportivos afectará positivamente ó Deportivo Liceo, que poderá recibir a un total de 250 no seu vindeiro partido ante o CH Lloret (sábado 6 de marzo, 19:30h, HOCKEY GLOBAL). É o número máximo correspondente a un espazo pechado como o Pazo dos Deportes de Riazor.

Os socios poderán solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido. O prazo comeza desde este mesmo momento e ata as 14:00h do xoves día 4. No correo deberanse incluir NOME, APELIDOS e DNI de tódolos solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO, que servirá para contactar cos agraciados.

O Deportivo Liceo lémbralle ós asistentes a obrigatoriedade das medidas de prevención necesarias: distancia de seguridade, uso de mascarilla, uso do xel desinfectante de mans e, en resumo, seguir as indicacións do persoal do Pazo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario